Skip to Content
A educación pode transformar a sociedade

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado martes 12 de marzo realizamos no CEIP Eduardo Pondal unha Xornada de Portas Abertas para recibir ao novo alumnado de 4º de Educación Infantil, que se incorporará ao centro o vindeiro curso.

Aquí vos deixamos un tríptico con información de interese para as novas familias.

Os compañeiros e compañeiras de 5 anos preparáronlles unha sorpresa en forma de conto e algún que outro agasallo. Se queredes saber máis... pinchade na seguinte foto!!!

 

8 DE MARZO: SUPERHEROÍNAS GALEGAS.

O pasado venres 8 de marzo conmemorouse o "Día Internacional da Muller". Aqui vos deixamos ás 12 superheroínas galegas respresentadas por Yoseba MP en diferentes cidades e vilas de Galicia.

Período de admisión de novo alumnado

O vindeiro venres día 1 comeza o periódo de admisión de novo alumnado para o curso 2019/2020.

DOCUMETACIÓN A PRESENTAR

  • Impreso debidamente cuberto. Pódese conseguir na secretaría do centro, na Sede Dixital da Xunta ou descargar na ligazón adxunta.
  • Dni ou páxina do libro de familia do alumno/a.
  • DNI dos proxenitores.

 

O prazo para presentar as solicitudes remata o 20 de marzo. As solicitudes deberán presentarse na secretaría do centro.

PASAPALABRA SOBRE ROSALÍA

 

PREPARADOS...? CHEGAN OS MANDADOS!

Chega a época do Entroido, onde a vergoña non ten cabida!!!

Prestade atención, que aquí vos deixamos os mandados para que a vindeira semana a imaxinación e os disfraces invandan o colexio.

creaR

 

PLANETARIO

No mes de decembro recibimos a visita de "Planetario Sierra Norte", un grupo de mestres/as e entusiastas da ciencia que nos trouxeron un pouquiño do Universo á nosa escola.

Con eles fixemos novos descubrimentos espaciais no interior dun planetario móbil e manipulamos mil e un obxectos relacionados co Cosmos: vestimenta de astronauta, maquetas de naves e transbordadores, comida espacial, meteoritos reais...

Se queredes saber máis, premede na seguinte imaxe. Aquí vos deixamos un pequeno resumo en forma de vídeo:

 

 

O Ceip Eduardo Pondal contra a violencia de xénero

CANCIONEIRO E REFRANEIRO DE CORME

O NADAL NO PONDAL

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a celebración do Nadal na nosa escola:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut