Skip to Content
A educación pode transformar a sociedade

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2018/2019

APADAN

O mércores pasado o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla organizada pola ANPA, coa colaboración da asociación protectora de animais APADAN.

Deixámosvos un pequeno vídeo da xornada.

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO NO SEGUNDO CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL E NA EDUCACIÓN PRIMARIA Curso 2018/2019

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO NO SEGUNDO CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL E NA EDUCACIÓN PRIMARIA

Curso 2018/2019

 

1 de Marzo: Xornada de portas abertas

O vindeiro xoves 1 de Marzo ás 9:45,  imos celebrar unha Xornada de portas abertas para que todas as familias interesadas en matricular ao seu fillo/a neste centro podan coñecelo. En dita xornada, ademais de visitar as instalacións, explicaranse aspectos relevantes do colexio e responderanse as posibles dúbidas que presenten os asistentes.

Respecto ao prazo de presentación das solicitudes de admisión, será do 1 ao 20 de marzo. Proximamente enviaremos desde o colexio información referente a este proceso.

ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO CURSO 2018/2019

Prazo: do 1 de marzo ao 20 de marzo (ambos incluidos).

     - Documentación a presentar:

  •  Formulario de solicitude de admisión Anexo II (dispoñible na secretaría do centro e na páxina web onde se pode cubrir en liña e imprimir).
  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI do alumno/a.
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores.
  • No caso de que o alumno/a proceda doutro centro, será necesario o certificado de estudos no que conste o curso no que está matriculado no ano 2017/2018.
  • No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude de admisión asinarase polos dous proxenitores e deberase presentar a resolución da separación ou divorcio.

   A documentación presentarase na secretaría do centro no seguinte horario: 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

VENRES

13:00-14:00

13:00 - 14:00

9:30 - 10:15

13:00-14:00 

 

Entroido 2018

Moitas grazas de novo a Rosario polas fotos que podedes descargar neste enlace.

Obradoiros científicos

O xoves pasado visitounos un grupo de alumnas e alumnos da facultade de ciencias da UDC. Tiñan preparados seis talleres diferentes polos que todos os nenos e nenas do centro puideron pasar un anaco. 

Aquí vos deixamos a nova publicada na Voz de Galicia o venres.

Nadal 2017

 

Neste enlace poderedes descargar as fotos grupais.

Agradecemos a Rosario o seu traballo.

30 de Xaneiro: Día escolar da paz e a non violencia

Distribuir contido


by Dr. Radut