Skip to Content

Secretaría, Matrícula, Documentos, Lexislación, Calendario Escolar

Fondo solidario de libros de texto e axudas á adquisición de libros

A partir do 23 de maio podense solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2017/2018.

 

As axudas están destinadas ás familias con alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial, en centros docentes de Galiza sostidos con fondos públicos.

 

ADMITIDOS PROVISIONAIS CURSO 2017/2018

Publicamos a listaxe provisional do alumnado admitido para o curso 2017/2018.

Solicitude de admisión para novo alumnado curso 2017/2018

- Prazo: do 1 de marzo ao 20 de marzo (ambos incluidos).

     - Documentación a presentar:

  •  Formulario de solicitude de admisión Anexo II (dispoñible na secretaría do centro e na páxina web onde se pode cubrir en liña e imprimir).
  •   Fotocopia do libro de familia ou do DNI do alumno/a.

 

Xornada de portas abertas

O CEIP EDUARDO PONDAL, celebra o vindeiro 13 DE MARZO ás 9:45 unha Xornada de Portas abertas para que todo o alumnado procedente da ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL visite a nosa escola.O período de solicitude e admisión para o vindeiro curso vai do 1 ao 20 de marzo.

A finalidade principal é que os nenos/as e as súas familias tomen un primeiro contacto co novo centro educativo, coñezan as instalacións e os seus servizos.

 Así mesmo todas aquelas dúbidas que xurdan poderán ser resoltas.

 

 Aproveitamos para convidar a pais/nais e profesores/as dos alumnos/as así como ao resto das familias que queiran escolarizar aos seu fillos/as no noso centro.

Reserva de praza nos centros de Secundaria

O día 1 de febreiro ábrese o prazo para a reserva de praza nos centros de secundaria. Para poder facer a reserva da praza dos vosos fillos e fillas podedes presentar o formulario que se adxunta debidamente cuberto e asinado no noso centro ( podedes envialo polos nenos e nenas).  Podedes tamén realizar este tramite a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ entrando en solicitudes-solicitudes de reserva-crear solicitude de reserva. Se o facedes así deberedes imprimir a solicitude e presentala no centro ou en calquera rexistro oficial da Xunta de Galicia.

A data de presentación das solicitudes vai do 1 ao 15 de febreiro.

 

Se tedes algunha dúbida non dudes en consultala con nós

Un saúdo e gracias pola vosa colaboración.

A secretaria

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2016-17

Fondo Solidario de Libros curso 2016-2017

Xa saíu publicada a Orde do 27 de abril de 2016 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

 

Prazo para presentar solicitudes:O día seguinte da publicación desta orde no D.O.G. e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).

 

Preme aquí para acceder á documentación

Fondo axuda libros

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016-17

Xa podedes consultar a listaxe definitiva de admisión de alumnado para o curso 2016-17.

listaxe

 

AXUDAS E FONDO SOLIDARIO PARA LIBROS DE TEXTO

 

LISTAXE DE ADMITIDOS NO CEIP EDUARDO PONDAL CURSO 2013/2014

Aquí deixo a listaxe definitiva dos novos alumnos e alumnas para o vindeiro curso 2013/2014.

Distribuir contido


by Dr. Radut