Blogues

DESFILE ENTROIDO. VENRES 17 DE FEBREIRO DE 2023

Bos días, achegamos a información relativa ao desfile de Entroido.

Venres 17 de Febreiro de 2023.

Percorrido do desfile de Entroido (de 4º de Educación Infantil a 6º de Educación Primaria) 

Saída do colexio ás 10.45 de forma escalonada. Rogamos non acudan á entrada do colexio para non entorpecer a saída. 

O itinerario será de ida e volta.

Horarios e mapas do percorrido.

Grazas

OBRAS NO CENTRO

Estimadas familias:

Por motivo das obras que se van a realizar no pavillón administrativo, a atención ás familias realizarase no edificio da conserxería. 

Moitas grazas e desculpade as molestias

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o día 5 de decembro está sinalado no calendario escolar como NON LECTIVO, e o 6 de decembro é festivo nacional. As clases reanudaranse o mércores 7 de decembro.

CONVERSA COAS FAMILIAS SOBRE CONDUTAS ADITIVAS

                  

 

Máis información, aquí.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Mañá, venres 11 de novembro, remata o prazo para a presentación das candidaturas ao Consello Escolar, dos distintos sectores educativos. 

 

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o día 31 de outubro está sinalado no calendario escolar como NON LECTIVO, e o 1 de novembro é festivo nacional. As clases reanudaranse o mércores 2 de novembro.

Un saúdo

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REGULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022

Dacordo coa resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, efectúase unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25€ adicionais.

- Unicamente recibirán esta ampliación de 25€ aquelas persoas beneficiarias do vale de axuda por material de 50€.

- Os vales deberán ser empregados na libraría/establecemento, preferiblemente, antes do 1 de decembro de 2022.

Recolleranse na Secretaria do centro a partir do mércores 19 de outubro en horario de 9:30 a 12:30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale previa presentación do DNI/NIE. De non poder acurdir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:

- Mércores 19 de outubro: 1º e 2º nivel

- Xoves 20 de outubro: 3º e 4º nivel

- Venres 21 de outubro: 5º e 6º nivel

Poderánse recoller os vales dos irmáns no mesmo día

Distribuir contido