Participación no procedemento de distribución de máscaras.

Venres 13 de novembro de 2020 

Participación no procedemento de distribución de máscaras.

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Enlace ao DOG

 

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

 

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado de primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. A concesión das máscaras é automática. Informaremos da xestión da entrega das mesmas na web.

 

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado de primaria que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (Datos da renda e familiares do ano 2018)

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

1) Descargar o formulario

2) Documentación a entregar

3) Prazo e forma de presentación

 

  • A solicitude será única para os fillos/-as matriculados en educación primaria. 

 

  • Presentación no centro (non hai outras opcións posibles)

 

  • Informaremos na web da publicación da resolución provisional, a consulta terá que ser presencial. Non nos permiten poñela na web nin en outros espazos dixitais.