AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/2023. Educacion Primaria

Abrir enlace da convocatoria 

Resumo e datos de renda familiar (2020)

PRAZO: dende o xoves 19 de maio ate o mércores 22 de xuño (inclusive)

 

PRESENTACIÓN

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Abrir enlace  e acceder coa Chave365. 
- Opcionalmente, poderanse entregar as solicitudes presencialmente no centro.

Entrega presencial de 9.30 a 12.00 horas con CITA PREVIA no teléfono 650977667

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar, menos a persoa solicitante. En caso de que sexa menor de idade, firma un dos proxenitores)

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais da copia do libro de familia a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. (Coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores)

 

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 

e ) No caso de que o pai e nai carezan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: Certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2020.

 

f) No caso de non poder acreditar a unidade familiar con ningún dos documentos sinalados anteriormente, haberá que aportar un certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2020.

 

Agradecemos que revisen toda a documentación e sinaturas antes de entregar a solicitude no centro. 

 

Imprimir anexo I e anexo II aqui ou, poden recollerse na conserxería do centro.

 

CALENDARIO DE PRAZOS

 

  • Entrega de documentación: ate o 22 de xuño (inclusive)



  • Resolución provisional: 6 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram. Período de reclamación:os dous días seguintes á publicación.

 

  • Resolución definitiva: 13 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

 

 

Tanto os vales concedidos como os libros de texto de préstamo serán entregados no mes de Setembro(Informarase nesta web e telegram)

ACLARACIÓNS