BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. PRAZO ATA O 30/09/2022

Publicación no BOE das bolsas:

https://www.boe.es/boe/dias/2022/05/18/pdfs/BOE-B-2022-15578.pdf

Acceso á solicitude online:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Destinatario:

 

Estudos

Discapacidade

Trastorno grave da comunicación ou da Comunicación e da linguaxe

Trastorno do Espectro Autista

Altas capacidades

Educación Infantil

SI

SI

SI

NON

Educación Primaria

SI

SI

SI

SI

 

Instrucións:

Todo o proceso da solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do MEC e FP. Unha vez cuberto, terán que imprilo formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo no que vai a estudar antes do día que remate o prazo. A bolsa debe solicitarse on-line a través de:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Rexistrarse:

É necesario un usuario e un contrasinal.

✔ Se está rexistrado previamente para calquera outro trámite neste Ministerio, a conta segue sendo válida.

✔ Se nunca estivo rexistrado, clicar en «Rexístrese».

Pódese acceder á solicitude de bolsa de dúas formas:

✔ Con Cl@ve ou certificado electrónico. Se se accede desta forma, haberá que ter todos os certificados (xerarachos a aplicación ao terminar de encher a solicitude) cubertos e asinados por quen corresponda e presentalos, mediante a aplicación, escaneados, antes do 30 de setembro.

✔ Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que xa se rexistrachou na sede electrónica. Se se accede desta forma, bastará con que se cubra a solicitude, imprimas o PDF que se xera e preséntelo no colexio antes do 30 de setembro. Neste PDF xa están os certificados que se necesitan.

Cubrir a solicitude:

Ler con calma as instrucións.

✔ Cando se remate de introducir todos os datos no formulario, aparecederán as instrucións para imprimir a solicitude e os certificados nun ficheiro en formato PDF.

No PDF aparecerá a solicitude e os certificados, que servirán para xustificar que se reúnen os requisitos para recibir a axuda. Tamén se deberán imprimir e presentalos no colexio antes do 30 de setembro.

Unha vez impresa a solicitude, será asinada pai, nai ou titor.

Tamén deben asinar a solicitude todos osmembros da unidade familiar que sexan maiores de 18 anos para autorizar á Administración Tributaria a obter os datos económicos necesarios.

Unha vez asinada a solicitude, hai que presentala, xunto cos certificados, no centro onde se vaia matricular NO CURSO 2022/2023

Ademais da solicitude e os certificados, á hora de presentala no centro é necesario adxuntar a seguinte información:

- Copia do DNI de todos os membros computables da unidade familiar

- Certificado de titularidade ou cotitularidade da conta corriente onde figure o solicitante da bolsa.

- Certificado de padrón colectivo dos membros da unidade familiar.

✔ É imprescindible presentar todo antes de que acabe o prazo, no centro educativo no que se está matriculado no curso 2022/2023

 

✔ É importante conservar o xustificante que devolverán no centro, servirá, para xustificar que se presentou a solicitude.