PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

1- CALENDARIO:

Solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive.

Presentación da documentación de baremo, en caso de haber máis solicitudes que prazas (INFORMARASE DO PRAZO NESTA WEB)

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril do 2024

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio do 2024.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2024

 

2- FORMA DE PRESENTACIÓN:

1.    

     Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada no centro.

2.    

     Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica

3.    

     Cubrir a solicitude manualmente e entregala  asinada no centro

                        Descargar Impreso: Galego   Castelán

A partir do venres 1 de marzo, poden recoller o impreso na conserxería

 

Instruccións

 

3- DOCUMENTACIÓN:

  • Ademais do Impreso da solicitude de admisión
  • Copia e orixinal do libro de familia ou certificado de nacemento, DNI/NIE do alumno e os proxenitores ou documentación acreditativa do requisito de idade.
  • Volante de empadronamento colectivo.
  • Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matrícula do centro de procedencia.
  • En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.
  • Se solicitan unha praza para alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) achegarase a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta.

4- ZONAS DE INFLUENCIA:

  • Santiago de Arteixo (Parcial)
  • Santa Mariña, Lañas
  • San Estevo, Larín
  • San Pedro, Armentón
  • San Xiao de Barrañán
  • Santo Tomé, Monteagudo
  • San Pedro, Sorrizo
  • Santaia, Chamín

VER A LISTAXE DE RÚAS E PARROQUIAS ÁS QUE LLES CORRESPONDE O CEIP PONTE DOS BROZOS

Centros adscritos:

  • IES  ao que estamos adscritos para Educación Secundaria: IES Manuel Murguía.
  • Centros adscritos: EEI de A Lagoa, EEI de Rorís, EEI de Larín de Arriba.

5- PRAZAS VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

80

5º EDUCACIÓN INFANTIL

2

6º EDUCACIÓN INFANTIL

0

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

 

 

6- CRITERIOS DE BAREMACIÓN  

Deben marcar os criterios que alegan para que se teñan en conta no caso de que haxa que baremar as solicitudes de admisión. Se non se indica nada nun criterio, non se terá en conta.

Para o criterio da renda éste debe vir cuberto cos datos.

 VER ANEXO

 

7- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

O horario lectivo do centro é: de 09:30 a 14:30. 

Xestionado pola ANPA Ponte dos Brozos: madrugadores, comedor, extraescolares en merenda   

Contacto ANPA

 

Transporte escolar, xestionado polo centro. Solicítase no momento de formalizar a matrícula.

  • Liña 1: Portegaza, Campolongo, Rorís, Anzobre, Barreiros, Igrexario Monteagudo, Igrexario Santaia e Santaia.
  • Liña 2: Barrañán-Ponte, Chamín de Abaixo, Chamín do Medio, Chamín  de Arriba, Folgueira, Moucho-Sorrizo, Seixo-Sorrizo, Eirís-Sorrizo, Campo-Sorrizo, Alvite.
  • Liña 3: Campo, Pata, Seara.
  • Liña 4: Rañal 1, Rañal 2, Lañas de Abaixo, Lañas de Arriba, Lañas-Hermida, Anida, Rexidoiros, Coque, Godón, Paiosaco, Pedra, Mirón.  

Importante sobre o servizo de transporte:

  • Non teñen dereito a este servizo complementario os alumnos/as que, estando domiciliados nas áreas de influencia doutros centros, decidan solicitar praza neste. (Art. 6. Orde de 12 de marzo de 2013).
  • Só ten dereito a este servizo o alumnado domiciliado a máis de 2 Km. do centro, pero dentro da zona de influencia do mesmo.
  • A Xefatura Territorial poderá conceder, previa solicitude, autorización excepcional para alumnado domiciliado a unha distancia do Centro inferior a 2 Km. e superior a 1 Km. Estas autorizacións concederanse en precario e serán revogables. (Punto 3. Instrución 3/2012)

8- OBSERVACIÓNS:

  • A solicitude de admisión será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.
  • O alumnado matriculado no CEIP Ponte dos Brozos, que presente solicitude de admisión noutro centro deberá informarnos.
  • No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
  •  Darán lugar á perda do dereito de prioridade:
    • A presentación da solicitude fóra de prazo.(Considérase fóra de prazo as entregadas entre o 21de marzo e o 18 de maio)
    • A presentación de máis dunha solicitude, en distintos centros.
    • As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno/a.
    • As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.

9- LEXISLACIÓN