SOLICITUDES ADMISIÓN FÓRA DE PRAZO DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Unha vez rematado o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2024-2025, poderán presentar no centro, a solicitude de admisión fóra de prazo para o curso 2024-25,  aquelas familias que por diversas circunstancias non o fixeron anteriormente.

 

Documentación requerida:

   1Impreso solicitude admisón fóra de prazoImpreso aquí. 

   2Copias dos DNI de ambos proxenitores e do alumno/a.

   3Copia do libro de familia.

  4Certificado de empadroamento da unidade familiar. De non residir no concello no que se solicita a praza, deberán adxuntar un xustificante do enderezo laboral.

   5Certificación ou último boletín de cualificacións do centro educativo de procedencia.

  6Se é o caso, copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  7Se é o caso, documentación acreditativa da existencia de NEE do alumno/a solicitante.

 

Información a ter en conta:

  • A asignación de posto escolar é realizada pola Inspección Educativa de Arteixo por rigorosa orde de data e hora de rexistro de entrada no centro e despois da asignación de posto escolar aos solicitantes en prazo.
  • Non se bareman os criterios contemplados para as solicitudes de admisión que se presentaron en prazo.
  • De non existir vacante no nivel no centro solicitado seralle adxudicado de oficio un posto escolar noutro centro.
  • Non existe prioridade nin se realizan reservas de praza por NEAE en 4º de Infantil nin en 1º de Primaria.