PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA AXUDA DE LIBROS E MATERIAL. EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2021-2022

Mañá día 13 de xullo, publicarase a resolución definitiva da axuda por libros e vales de material para el curso 2021-2022 para Educación Primaria. 

Lugar de publicación. Pavillón Administrativo.

Hora: 10.oo h

RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2021/2022

 

Publicase con data de 6 de xullo a resolución provisional das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2021-22.

 

As listaxes provisionais deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada do PAVILLÓN ADMINISTRATIVO. NON é preciso pedir cita para a súa consulta. Horario de 9.30 a 12.00.

 

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

 

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

 

As solicitudes que se presentaron para alumnos/-as de Educación Infantil quedan excluídas por non estar incluídas na convocatoria.

 

Para o alumnado de 3º e 4º de Primaria, coñecerán o nº de libros que se lles concede. Na resolución definitiva poderán comprobar os libros (materias) que se lles adxudican.

 

 

Alumnado de 5º e 6º de Primaria: ao ter concedido o proxecto Edixgal (libro dixital) a aplicación desactiva automáticamente o préstamo de libros. As axudas solicitadas para material continúan sendo válidas.

 

Os vales de material e de libros de texto concedidos serán entregados no mes de setembro.

 

Para posibles reclamacións e correccións, dispoñen ata o día 13 de xullo, en horario de secretaría ( 09:30 a 12:00). Unha vez rematado este prazo informaremos na web da publicación da resolución definitiva.

Matrícula do NOVO alumnado admitido para o curso 2021-2022

O NOVO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-22  formalizará a matrícula:

IMPORTANTE. A FAMILIAS SERÁN CITADAS A TRAVÉS DO TELÉFONO QUE APARECE NA SOLICITUDE DE ADMISIÓN.

  • do 21 ao 30 de xuño de 2021, ambos inclusive
  • documentación a entregar:

Poden descargar aquí o impreso ou recollelo na conserxería do centro.

 

 

  • Se solicitan Comedor Escolar, deben tramitalo coa ANPA do Centro. Abrir contacto.

 

  • Se solicitan Transporte Escolar,

 

Usuarios lexítimos de transporte. Ver paradas e descargar impreso

 

Usuarios excepcionais. Ver paradas e descargar impreso

 

 

Lembramos que o alumnado que xa está actualmente no centro NON debe realizar ningún trámite de matrícula.

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR EDUCACION PRIMARIA CURSO 2021-22

Venres 21 de maio de 2021

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021/2022. Educacion Primaria

Abrir enlace 

Resumo e datos da renda familiar (2019)

 

PRAZO: dende o venres 21 de maio ate o martes 22 de xuño (inclusive)

PRESENTACIÓN

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Abrir enlace  e acceder coa Chave365. 
- Opcionalmente, poderanse entregar as solicitudes presencialmente no centro.

Entrega presencial de 9.30 a 12.00 horas con CITA PREVIA no teléfono 650977667

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar)

b) Orixinal e Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais da copia do libro de familia a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. (Coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores)

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e ) No caso de que o pai e nai carezan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: Certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2019.

 

Agradecemos que revisen toda a documentación e sinaturas antes de entregar a solicitude no centro. 

Imprimir anexos aqui ou, poden recollerse na conserxería do centro.

CALENDARIO DE PRAZOS

  • Entrega de documentación: ate o 22 de xuño (inclusive)

  • Resolución provisional: 6 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

  • Resolución definitiva: 13 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

  • Tanto os vales concedidos como os libros de texto de préstamo serán entregados no mes de Setembro (Informarase nesta web e telegram)

 ACLARACIONS SOBRE A AXUDA 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO

xoves 13 de maio de 2021

 

Publicamos no dia de hoxe, a resolución definitiva de novo alumnado admitido e non admitido para o curso 2021-2022.

 

Non houbo variacións con respecto ás listaxes provisionais  

 

A formalización de matrícula será do luns 21 ata o mércores 30 de xuño, ambos inclusive.

Publicaremos próximamente,  toda a información da matrícula nesta mesma web.

Distribuir contido