Hora do código

Durante os días 9, 10 e 11 de decembro celebraremos no centro a Hora do código. participarán máis de 300 nenos e nenas do noso colexio. Estes nenos e estas nenas serán parte dos máis de 100 millóns que participaran na hora do código en máis de 180 paises de todo o mundo

hora_do_codigo

Máis información aquí

FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO

18/04/2015 09:22
Atlantic/Bermuda

Todo un éxito a celebración da I Feira do Libro Solidario.

O noso agradecemento ás familias, ao alumnado , ao equipo de biblioteca e ao profesorado pola súa colaboración

Nota. Grazas a  Patricia Lale e a ANPA Ponte dos Brozos podemos ver a reportaxe sobre a feira pois, segundo parece, a productora decidiu non emitila.

 

feira do libro solidario - 23 de abril

FELICITACIÓN

19/12/2014 13:32
Atlantic/Bermuda

InvestigArte: exposición itinerante da Fundación EducaBarrié

Chega ao noso centro unha exposición itinerante patrocinada por EducaBarrié que pretende aunar ciencia e arte a través da fotografía.
InvestigArte  intenta demostrar que, por incrible que pareza, ciencia e arte teñen máis elementos comúns que diverxentes.
Os moitos misterios da creación e a natureza son presentados grazas a unha coidada e orixinal combinación de distintos efectos e técnicas artísticas. Investigadores, universitarios e rapaces deixan latente nesta exposición a necesidade de integrar estas dúas disciplinas.
Mosaico de neuronas, a vida en 4D, a tecnoloxía dos sonos, cicloxénesis ou raios de sol son algunhas das sorpresas que vos esperan na Biblioteca …
Queremos invitar ás familias a que visiten tamén a exposición, por iso estará aberta a tod@s polas tardes. Tedes máis información no blogue da biblioteca  (www.bibliotecapdb.blogspot.com)
Lugar : Biblioteca        Datas: 9 Dec-19 Dec 2014        Horario: 16:30-18:00 h

CODIFICACIÓN PARA NENOS E NENAS CREATIV@S

EN 4º A e E  DE PRIMARIA DO CEIP PONTE DOS BROZOS ESTAMOS PARTICPANDO NUN CONCURSO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA  PROMOVIDO POLA FUNDACIÓN GSD INNOVA.
NECESITAMOS QUE NOS DEADES UN “ME GUSTA” NO FACEBOOK DE GSD INNOVA.

ISTO É O QUE HAI QUE FACER:

•    IDE A FACEBOOK GSD INNOVA
https://www.facebook.com/GSDInnova

•    BÚSCANOS EN PUBLICACIÓNS Á PÁXINA
“Codificación para nenos e nenas creativ@s”
•    DÁDELLE AO “ME GUSTA”
TEMOS DE PRAZO ATA LUNS!!
Grazas!!!

Distribuir contido