A listaxe do alumnado admitido e non admitido para o curso 2023-2024 está na porta principal do centro para a súa consulta.

Hoxe publicouse no BOE a Resolución pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 8 de maio de 2023 ata o 20 de setembro de 2023, ambos incluidos.

As solicitudes poderán cubrirse desde a Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Na Resolución está indicado:

  • Tipo de axudas a percibir.
  • Alumnado destinatario.
  • Compoñentes das axudas nas distintas etapas.

Lembrade que as familias interesadas podedes solicitar cita co Departamento de Orientación do centro para resolver calquera dúbida con respecto á tramitación das becas, documentación precisa ou calquera outra circunstancia relacionada.

O alumnado de 4º de Educación Primaria participa no concurso Dígocho Eu! con este video de "Animais con nomes chistosos"

Botádelle unha ollada!

 

Concurso #DígochoEu Animais con nome chistoso (CEIP de Ponzos) - YouTube

 

A listaxe do alumnado admitido e non admitido para o curso 2023-2024 está na porta principal do centro para a súa consulta.

 

A listaxe definitiva estará publicada o 15 de maio.

Informámosvos de que o día 2 de maio non haberá clase xa que foi concedido como Día Non Lectivo.

Distribuir contido