Escolares

Tags:

O 24 de febreiro celebramos o 183 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poetisa máis importante de Galicia.

E para festexalo, todos os nenos e nenas do centro participamos na realización deste mural. Tamén traballamos a autora na aula realizando caretas, recitando poemas, buscando a súa biografía, xogando a un Escape Room virtual sobre Rosalía, etc.

 

 

Tags:

Con motivo das ferramentas postas a disposición dos centros educativos por parte da Consellería de Educación, achegamos as instruccións para usar no caso de que algún titor realice videoconferencias co seu alumnado.

A partir da páxina 3 está o referente ao alumnado. Botádelle un vistazo por se o necesitamos.

Tags:

No CEIP de Ponzos estamos moi concienciados da importancia de coidar o noso Planeta e, por iso, integramos no noso día a día diferentes hábitos que implican a regra das tres R (Reducir, Reutilizar e Reciclar). 

No seguinte vídeo amosámosvos algunha das actividades que levamos a cabo dentro do Plan Proxecta “Recíclate con Sogama”, de Pilabot e Voz Natura.

 

Tags:

CASE DOUS ANOS DESPOIS DA CELEBRACIÓN, AQUÍ TEDES O VIDEO QUE LEMBRA E FAI UNHA HOMENAXE AOS 25 ANOS DO COLEXIO A TRAVÉS DO SEU ALUMNADO E AS SÚAS LEMBRANZAS...

Tags:

VIDEOCLIP CREADO POLO CEIP DE PONZOS EN COLABORACIÓN CO IES SATURNINO MONTOJO E OS SEUS TÉCNICOS/AS AUDIOVISUAIS. FIXÉMOLO PARA CONMEMORAR O "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE" O PASADO 3 DE DECEMBRO.

ESTE É O RESUMO DA XORNADA DE XOGOS QUE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. GRANDES E PEQUENOS, ENREDANDO TODOS XUNTOS.

 

ESTES SON OS VIDEOS CREADOS POLO ALUMNADO E PROFESORADO DOS CURSOS 1º, 2º, 3º E 4º DENTRO DO PROGRAMA "NÓS TAMÉN CREAMOS"

Distribuir contido