Ed. física

Un grupazo de nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria preparou unha coreografía para o concurso convocado pola ASPG "Coreografiate".

Hoxe recibimos a boa nova de que fomos as gañadoras do concurso. Parabéns a todas/os eles, que traballaron moito no seu tempo libre para conseguir o que podedes ver neste video.

A canción é a potente e enérxica "Danza maldita" de DiosKeTeCrew.

Xa temos aquí o video coas vosas andanzas rodantes!
Moitas grazas a todos/as os participantes.
Espero que vos guste.
A ver quen é capaz de recoñecer a todos e todas os rodadores...

No blog de Educación Física tedes a actividade desta semana...e tamén as anteriores, para os/as que ides con retraso.

efponzos.blogspot.com

ANEXO DOCUMENTO DE TEXTO COAS INSTRUCCIÓNS E O TABOLEIRO PARA FACER ESTA DIVERTIDA ACTIVIDADE DE EXPRESIÓN CORPORAL EN FAMILIA. MÁNDADE FOTOS OU VÍDEOS XOGANDO AO MEU CORREO.

UNHA APERTA

Ola a tod@s!

Para esta semana propóñovos o reto de bailar cos pés este baile que está de moda e que precisa pouco espazo para moverse. Eu xa o conseguín na miña casa, a ver que tal se vos dá...

Aquí tedes un documento coas suxerencias do mestre de Educación Física para estar máis sanos mental e físicamente sen ter que saír da casa. No outro documento aparecen enlaces de vídeos titoriais que poden ser útiles.

Dentro das clases de E.Física, como iniciación a unha actividade na natureza que pode ser moi interesante e rica para os nenos e nenas, fixemos unha carreira de orientación polas dependencias do centro. Participaron os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, e contamos coa organización e apoio de Óscar e Antonio, corredores do Clube de Montaña Ferrol.

Distribuir contido