Aula virtual
  Galería fotos    Portal edu     Recursos edu  Correo edu     Webs dinámicas

A continuación adxúntase o menú do comedor do mes de ABRIL de 2015.

Con motivo da semana da prensa, visitaron o centro varios xogadores do Racing de Ferrol, que contestaron a preguntas do alumnado de 5º e 6º e tamén asinaron autógrafos.

A continuación adxúntase un vídeo sobre a campaña "AUGA PARA NÍXER", elaborado con fotografías dos nenos tras deixar os seus donativos.

A continuación achégase o enlace do vídeo do Entroido 2015 de Educación Infantil:

 

https://www.youtube.com/watch?v=dsbcdwalsy4

O calendario de admisión de alumnado para o curso 15/16 será o seguinte:

  • Do 1 ao 23 marzo: Presentación solicitudes admisión.
  • Do 26 de marzo ao 9 de abril: Presentación documentación acreditativa para baremación.
  • Antes do 25 de abril: Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
  • Do 27 de abril ao 5 de maio: Prazo para reclamacións.
  • Antes do 15 de maio: Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.
  • Do 20 ao 30 de xuño: Formalización matrícula.

CADA ALUMNO SÓ PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE.

SE UN ALUMNO PRESENTA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NUN CENTRO DIFERENTE A NO QUE ESTÁ ESCOLARIZADO, DEBERÁ COMUNICALO AO CENTRO DE ORIXE.

SE SE OPTA A PRAZA POR ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO OU SE ALEGA SITUACIÓN DESFAVORECIDA, TENSE QUE MANIFESTAR NA SOLICITUDE QUE SE OPTA A DITA PRAZA.

Lexislación aplicable:

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26/12/12).

- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/13).

 

Recórdase que o horario de secretaría é de luns a venres de 9:05 a 9:45.

As vacantes para vindeiro curso 2015/2016 no CEIP de Ponzos son as seguintes:

  • 4º EI: 22 prazas e 3 para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.
  • 5º EI: 1 praza.
  • 1º EP: 1 praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS AS DIFERENTES CANDIDATURAS POLO SECTOR PAIS/NAIS

  • EVA MAª FRAGA GARCÍA      8 votos
  • GUILLERMO DOPICO CEÁN   6 votos
  • BEATRIZ MARTÍNEZ DÍAZ     6 votos
  • IZIAR MANZANO FRAILE     3 votos

 

Segundo o artigo 51 do decreto 92/1998 do 28 de abril " os empates que puidesen producirse en número de votos, dirimiranse en favor dos que posúan mayor antigüedade no centro"

Das dúas candidaturas que empataron a 6 votos, a de maior antigüedade no centro é a de D. GUILLERMO DOPICO CEÁN. É ista polo tanto a que formará parte do Consello Escolar.

Infórmase á comunidade educativa das diferentes candidaturas presentadas para a renovación parcial do Consello Escolar.

Polo sector de mestres:

  • Arturo Sánchez Riveira.
  • Elisa Pardo Montero.

Polo sector de pais/nais:

  • Guillermo Dopico Ceán.
  • Eva M. Fraga García.
  • Itziar Manzano Fraile.
  • Beatriz Martínez Díaz.

Dende o concello de Ferrol se nos informa da apertura dun prazo extraordinario para a solicitude de bolsas de axuda de comedor para o curso 2014-15.Este prazo vai dende o 13 ao 26 de novembro (ambos incluídos).

As persoas que solicitaron estas axudas na convocatoria ordinaria, terán que entregar no rexistro do concello, a solicitude acompañada da vida laboral de todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos , ou de ser o caso, calquera outro documento que acredite un cambio nas circunstancias socio-familiares en relación á solicitude presentada xa.Terán que facer referencia na solicitude, que o resto da documentación xa obra no departamento de benestar social.

Distribuir contido