No cole de Ponzos recibimos unha carta na que os elfos de Papá Noel pedían axuda. O nariz de Rudolf desaparecera e así non podía saír a repartir agasallos. Os nenos e nenas do Ponzos entraron na casa de Papá Noel e seguindo as pistas deron co nariz e salvaron o Nadal.

No cole fixemos unha adaptación superchachi do temazo do Xabarín Club. Coa colaboración imprescindible de Fran ás guitarras, baixo e coros, Natalia na voz e Roque na batería, as nenas e nenos do cole cantamos con ledicia esta panxoliña rock que celebra estar no cole...e volver a casa por Nadal.
A cantala a coro nas casas nos xantares e ceas Navideñas!!!
(coa mascariña...por aquelo do bichiño)
Bo Nadal!!!

Facede clic eiquí abaixo...

https://go.ivoox.com/rf/79978174

...e eiquí tedes o video con ingua de signos que fixeron as nenas e nenos de 4ºB....dende O Courel!!!

Tags:

ESPECIAL INFORMATIVO DE PONZOS.

QUE ESTARÁ A PASAR?

OS NOSOS REPORTEIROS VIAXAN A LAPONIA PARA AVERIGUAR O QUE OCORRE NO NADAL.

ESTADE MOI ATENTOS A VER SE NOS DAN ALGUNHA INSTRUCIÓN.

O pasado 29 de outubro celebramos o Samaín. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!

Podedes saber os gañadores do concurso de portas no seguinte programa de radio: http://bibliotecaponzos.blogspot.com/2021/11/halloween-e-samain-5-a.html

 

 

 

 

 

 

 

Achéganse plans COVID do centro para o curso 2021/2022.

- Plan de adaptación á COVID.

- Plan de continxencia (inclúe horarios virtuais en caso de confinamentos).

- Programa de acollida.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñemos que participedes na actividade "Apertas musicais" coa que dedicarlle cancións en galego aos compañeiros e compañeiras de Ponzos. En cada programa de Ponzos nas Ondas emitiremos unha dedicatoria e as demais cancións serán recollidas nunha lista de reprodución da nosa canle de Youtube. 

Anímate e participa!

Este é un programa especial de Ponzos nas Ondas, elaborado completamente polo alumnado de 6º de primaria, sobre a alimentación saudable a través dun percorrido histórico. Temos unhas convidadas especiais que nos axudarán a profundizar neste tema a través dunha charla-tertulia que gravamos levando a nosa radio á horta. Agardamos que vos guste.

Andaina partindo de Xubia, pola beira da ría ata Neda, paseo polo casco vello da Real Vila, e volta cruzando a ría polo paseo paralelo á vía do tren ata O Couto.

Distribuir contido