Saída ao Museo de Belas Artes

00/00/
Array

      Os nenos e nenas de 1º visitaremos o martes día 15 o  Museo de Belas Artes da Coruña para sistir ó obradoiro didáctico Arte en movemento Nel os alumnos e alumnas observan unha serie de obras de estilos e épocas moi variadas nos que se produce unha acción.  Ademais de descubrir que é o que está a suceder nas imaxes, falaranlles doutros aspectos dos cadros, como a época en que foron pintados, a luz, as cores, etc. Despois da visita farán unha actividade plástica partindo dunha obra de Carlos Maside.
 Esperamos pasalo moi ben e aprender moitas cousas dos cadros e dos pintores.