Animación á lectura
Animación á lectura
Nesta páxina iranse publicando as distintas actividades de animación á lectura propostas ou coordinadas desde a Biblioteca.
Desde Vaidelibros realizaranse concursos, exposicións, celebracións e outras actividades que teñen como fin o descobrimento dos contos, dos libros de coñecementos, dos distintos autores e autoras, vivos ou xa desaparecidos de aquí ou de ultramar e en fin de todo o que poida facer que alguén se achegue á lectura.
Nestes días estamos a celebrar o Día mundial da Poesía e para elo colocarase unha exposición con todas as poesías aportadas por tods os nenos do centro. Coma sempre, algunhas delas aparecerán tamén aquí
Neste enlace tes máis poesías
Tamén celebramos o Día do Teatro enlace
Actividades na biblioteca
Este curso na biblioteca:
Os pequenos de 1º asistiron a unha sesión de contacontos animada con música.
Os de 3º disfrutaron das andanzas dun cabaleiro medieval.
E todos xuntos escribiron e ,neste conto xigante, sobre os xogos populares.
Os libros son os protagonistas
Os alumnos de de infantil, primeiro, segundo e terceiro disfrutaron estes días de dúas animacións relacionadas cos libros.
Cha-Ca-Pun conto de A. Gómez Cerdá, que se pode ler na biblioteca, foi ofrecida pola editorial MacMillan a Vaidelibros.
E o Buscador de Contos proporcionada pola editorial Anaya, no que o actor recordou varios contos ben coñecidos por eles.
Busca do Tesouro e Xincana
Dende da casa, na aula de informática, na biblioteca ou na súa propia aula, calquera lugar é bo para mergullarse no mundo da Lectura, a Música ou as novas tecnoloxías-TIC -
Un ano máis os alumnos maiores están a participar en dous xogos, este ano co tema da Música.
Dezaoito equipos de 3º e 4º, na " Busca do Tesouro" e vinte de 5º e 6º, na "Xincana Musical" Os nomes dos equipos están relacionados tamén coa Música.
O primeiro trátase de localizar e responder a quince preguntas que están nestes libros:
averiguando primeiro, coas pistas proporcionadas, en que libro están. Recoméndaselles que consulten o índice e que teñan en conta os apartados e unha vez atopada a páxina, as letras en negriña. Cada equipo formado por cinco alumnos dispoñen de media hora.
Para os de 5º e 6º é algo máis complicado. Formulan e responden as preguntas, a través dunha wiki aloxada na páxina web do centro.
O Día do Libro 23 de abril coñeceremos os gañadores.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »