Vaidelibros, Animación á lectura, Recomendámosche, Peticións, Enlaces, Actualidade, Efemérides, Actas
Acta01_biblioteca_10/05/2010
Relación de actas da Biblioteca a partir de:
Animación á lectura
Nesta páxina iranse publicando as distintas actividades de animación á lectura propostas ou coordinadas desde a Biblioteca.
Desde Vaidelibros realizaranse concursos, exposicións, celebracións e outras actividades que teñen como fin o descobrimento dos contos, dos libros de coñecementos, dos distintos autores e autoras, vivos ou xa desaparecidos de aquí ou de ultramar e en fin de todo o que poida facer que alguén se achegue á lectura.
Nestes días estamos a celebrar o Día mundial da Poesía e para elo colocarase unha exposición con todas as poesías aportadas por tods os nenos do centro. Coma sempre, algunhas delas aparecerán tamén aquí
Neste enlace tes máis poesías
Tamén celebramos o Día do Teatro enlace
vaidelibros
VAIDELIBROS
Benvidas e benvidos á páxina da Biblioteca do Ceip Portofaro.
Esta biblioteca está de estrea. Case ó mesmo tempo que a nova web estreamos nome e tamén mascotas. Ambolosdous son resultado do certame feito entre os alumnos do centro e que dou como resultado o que estades a ver
Vaidelibros é o noso nome e foi idea de: Javier Uzal de 5º C
A bolboreta chámase Librinda e é o resultado da unión dos nomes propostos por Lucía Canabal de 2º A e Damián Rojo de 6º A
O peixe é Mero. El e Librinda son as nosas mascotas. Están sempre buscando novos contos para contarlles ós nenos. Pronto vos contaremos a súa historia.
O prometido é débeda. Neste enlace tedes algunhas das historias ideadas por nenas e nenos do colexio ante a pregunta de cal era a orixe das nosas mascotas e como chegaran ata Portofaro.
ÚLTIMA HORA:
¡Vaidelibros está de noraboa! Despois de ter elaborado un proxecto para acollernos á convocatoria de Proxectos de mellora de bibliotecas escolares, o pasado luns día 8 publícase no DOG a aprobación definitiva dos proxectos concedidos entre os cales figura o CEIP Portofaro.
Esta concesión conleva que poderemos contar cun presuposto extra para mellorar a nosa biblioteca tanto na adquisición de fondos como en equipamento e mobiliario.
Actividades na biblioteca
Este curso na biblioteca:
Os pequenos de 1º asistiron a unha sesión de contacontos animada con música.
Os de 3º disfrutaron das andanzas dun cabaleiro medieval.
E todos xuntos escribiron e ,neste conto xigante, sobre os xogos populares.
Álbum traballos concurso de mascotas
Álbum con todos os traballos presentados no concurso de elección de mascota do Invernadoiro
Dificilísimo o traballo do xurado para tomar unha decisión. Houbo moitísima participación e tamé de grande calidade. Graciuas a todos os participantes e felicidades polo traballo realizado.
Videoconferencia - O cerebro -
Os alumnos de 5º tiveron ocasión de participar nunha videoconferencia a cargo de José María Criado, profesor titular de Fisioloxia da universidade de Salamanca e coordinador de varios postgrados na universidade de A Coruña.
Nela faloulles do cerebro, resaltou a complexidade deste, a importancia das conexións que se establecen entre as neuronas, e de que tódalas actividades que realizamos nas clases serven para desenvolver o noso cerebro.
Na mesma sesión puideron facerlle algunhas dúbidas e poderán seguir facéndoo no foro de debate.
Unha vez máis utilizamos as TIC como medio para a aprendizaxe.
Esta actividade, é a segunda videoconferencia concedida a Vaidelibros pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca, mecenas no mundo das bibliotecas e das TIC.