Festival de Nadal

25/12/2013 21:21
Etc/GMT+1

O día 20 no ximnasio do centro tiveron lugar unha serie de actuacións organizadas por Carmen, a profesora de música. Os nenos e nenas de todos os cursos interpretaron os seus villancicos. Tamén houbo interpretacións á flauta e un coro con nenos de varios cursos cantou "En Navidad"  Tamén hai que destacar a axuda inestimable de Patricia a profesora de 3º que deixou a todos boquiabertos coa súa voz marabillosa interprestando cos nenos de 3º o Jingle Bells e axudando no coro de En Navidad.

Destacamos ademais das actuacións ilusionadas dos nenos o grande traballo realizado pola profesora Carmen coa axuda de Patricia e a colaboración doutros membros do profesorado.

Aquí van os enlaces das gravacións realizadas (algunha haberá que repetila en xaneiro por problemas técnicos)

Coro Portofaro En Navidad (Rosana)

Sextos Tres reis en bicicleta   Jingle Bells

Quintos  Pintan as verbas de Paz    Jingle Bells

Cuartos Panxoliña detodo o ano (incompleto)    Completo

Terceiros (Xa me tardan e Jingle Bells)

Segundos (O cuarto rei mago) Incompleto   Completo

Primeiros (Panxoliña dos ratos)