Entrega premios e clausura XII Ligamats

14/03/2016 16:40
Atlantic/Bermuda

O venres, día 11,  celebrouse en Vigo o acto de entrega de premios e clausura da XII edición do certame de Ligamats patrocinado pola Fundación Barrié, Imatxina  e Fundación Rosalía Castro.

Considerando que xa era un rotundo éxito ter chegado á final frente a centros de toda Galicia públicos e privados (a maioría), algúns dos cales xa levan participando e traballando esta disciplina moito tempo a sorpresa de obter o 2º Premio  foi unha grandísima alegría para todos.

Teo, Noa, Eduardo e Ali . En nome de toda a comunidade educativa, os  nosos parabéns para vós e por suposto para as vosas profesoras e as vosas familias.

A continuación poñemos un pequeno vídeo que recolle o acto de Vigo e o momento de abrir o premio no cole