Campionato provincial 2016

25/05/2016 12:37
Atlantic/Bermuda

O sábado 21 en Ribeira a representación do cole de Portofaro rexistrou unha fantástica actuación no Campionato Provincial.

Un día desapacible, que embpezou con chuviscas e rematou con fortyes chaparróns e mesmo parecía que a néboa se viña sobre os participantes. Sobrepoñéndose a todos os contratempos os nosos nenos e nenas fixérono estupendamente mellorando marcas algúns e acadando meritorios postos dentro do que é o Campionato de toda a provincia chegando mesmo a rozar unha medalla de bronce. Bravo equipo!!