Taboleiro

EXCURSIÓN SEXTO DE PRIMARIA

00/00/
Array

15 ao 19 de MAIO

      Durante estes días os alumnos/as de sexto imos de excursión a Cabeza de Manzaneda. Esperamos pasalo moi ben e disfrutar cos nosos compañeiros destes días de actividades na natureza.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

00/00/
Array

11 de Maio ao 13 de maio SEMANA DAS Letras GALEGAS

  Uxío Novoreyra, autor ao que se lle adica este ano o día das Letras Galegas.

 Nestes días estamos a celebrar a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, ademais das actividades encamiñadas a divulgar a vida, obra e legado do poeta do Courel que se están a facer entre os cativos e as cativas polas aulas, este ano quixemos saber cal era para todos nós "A PALABRA mais fermosa do Galego". Para iso, cada un dos alumnos/as esrcribiu e ilustrou a súa palabra preferida e con todas fixemos un " MAR DE PALABRAS" que expuxemos na entrada do cole. Agora  de entre elas, elexiremos a máis lucida e fermosa. Cal será?. 

E para admirar a beleza da nosa terraa, nun corredor do colexio fixemos " OS RECUNCHOS DE GALICIA" onde cadaquén expón a foto, postal ou imaxe...dun lugar do que se teña especial recordo, aprecio.....RiendoRiendo

Palabras fermosas 3ºciclo from Nélida Barbeito on Vimeo.

O MOUCHO VEN A VAIDELIBROS

00/00/
Array

13 de MAIO

MOUCHO LEROUCHO       

Hoxe na biblioteca VAIDELIBROS do PORTOFARO, o Moucho Leroucho contaralles un conto aos alumnos e alumnas do primeiro curso, así como tamén aos de 4 e 3 anos. Unha actividade de animación á lectura en colaboración co Concello de Cambre.                                                                                            

O MOUCHO LEROUCHO VEN A VAIDELIBROS

00/00/
Array

12 de maio      O MOUCHO  LEROUCHO              

   Este mércores o Moucho Leroucho vennos contar un conto aos nenos e nenas de cinco anos na biblioteca VAIDELIBROS do noso cole.  Unha actividade de animación á lectura en colaboración coas bibliotecas do Concello de Cambre   Sorprendido    Guiño    Riendo                

Saída á Biblioteca do Castrillón

00/00/
Array

11 de maio, Saída á biblioteca

  Neste día os alumnos/as de terceiro curso van visitar a biblioteca do Castrillón. Entre libros e contos de seguro que pasarémolo moi ben. Sonriente

Encontro có ilustrador XOSÉ TOMÁS

00/00/
Array

27 de ABRIL  Enconto con XOSÉ TOMÁS

O alumnado de cuarto estamos de noraboa, pois hoxe imos á biblioteca de Cambre para estar con XOSÉ TOMÁS, ilustrador de libros e contos.

A actividade está promovida polo Concello de Cambre, a través das súas bibliotecas municipais que durante os meses de abril e maio leva a cabo un ciclo de encontros-taller de ilustración e banda deseñada, baixo o título de «Abrilustrado».

Esperamos aprender moito e disfrutar coas ilustracións de XOSÉ TOMÁS

Saída a CASA DO QUEIXO

00/00/
Array

 26 DE ABRIL Saída a "CASA DO QUEIXO

0s nenos e nenas de cinco anos imos todo o día de Excursión á Casa do Queixo

A casa do queixo é un complexo inmerso en plena natureza formado por unha Granxa-Escola,

un zoo de animais domésticos, un museo do queixo, unha fábrica de queixos.

Un espazo natural no que aprender divirtíndonos.

Esperamos pasalo moi ben facendo pan e queixo segundo o método artesánGuiño

Encontro coa ilustradora LAURA BLANCO

00/00/
Array

26 de abril   Encontro con Laura Blanco

 GuiñoO alumnado de segundo estamos de noraboa, pois hoxe imos á biblioteca dos Templarios para estar con Laura Blanco, ilustradora de libros e contos.

A actividade está promovida polo Concello de Cambre, a través das súas bibliotecas municipais que durante os meses de abril e maio leva a cabo un ciclo de encontros-taller de ilustración e banda deseñada, baixo o título de «Abrilustrado».

Esperamos aprender moito e disfrutar cos debuxos de Laura blanco

Encontro co ilustrador ÓSCAR VILLÁN

00/00/
Array

   23 DE ABRIL   ÓSCAR VILLÁN                       

Os alunmos/as de terceiro estamos de noraboa, pois hoxe imos á biblioteca de Cambre para estar con ÓSCAR VILLÁN, licenciado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na especialidade de Pintura, é un coñecido escritor e ilustrador de libros para nenos.

 “O coelliño branco”, que saíu da casa para coller coles e, ao volver, topou o seu fogar ocupado por unha arrepiante cabra, foi o seu primeiro álbum ilustrado, publicado por Kalandraka e co que gañou o Premio Nacional de Ilustración 1999,.Ten publicado ademáis unha vintena de libros……”Lúa”, “Paxariño”, “Crocodilo”, “Miau”, “Amora”, “A cebra Camila”, “Cinco”….

Unha actividade de animación á lectura promocionada polas bibliotecas do Concello da Cambre,e na que esperamos aprender moito e pasalo moi ben Sorprendido

EDUCACIÓN VIAL NO PORTOFARO

00/00/
Array

Comeza o "IX Curso de Educación Vial Concello de Cambre", dirixido ao alumnado de segundo da Educación Primaria.

O curso desenrolarase durante o mes de abril, tódolos martes nunha sesión semanal, e vaino impartir a Policia Local do Concello. Guiño

Distribuir contido