Skip to Content

blogue deadmin

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR - 2024/25

 

O día 20 de maio de 2024 publicouse no DOGA a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

CONVOCATORIA AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO - CURSO 2023/24

 

O día 19 de maio publicouse no DOG núm. 94 a convocatoria pola que se regula a participacion no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro ano escolar 2023/24.

Na opción de Secretaría/Axuda Libros tedes toda a información, convocatoria, solicitude para descargar, etc...

Se tedes algunha consulta non dubidedes en chamarnos ao 886 151567

Un saúdo,

A dirección do CEIP Pl. Praza de Barcelos

ADMISIÓN 2023/24

Un ano máis comezamos co proceso de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso escolar 2023/24.

Se precisades de información máis polo miúdo de todo o proceso de admisión (lexislación, normativa, áreas de influencia, baremacións, etc...) clicade na opción da vosa esquerda O Centro/Secretaría/Admisión.

Sen máis, saúdos do equipo directivo e de toda a comunidade escolar do centro.

Esperámosvos para o vindeiro curso !!

CONVOCATORIA AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO - CURSO 2022/23

Bos días,

se clikades no apartado do CENTRO - Secretaría - Axudas Libros, tedes toda a información relativa a esta convocatoria para poder solicitar a axuda de libros e material escolar e participar no fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022/23.

Un saúdo,

a dirección do CEIP Pl. Praza de Barcelos

 

 

 

CONVOCATORIA AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO - CURSO 2023/24

 

O día 19 de maio de 2023 publicouse no DOGA a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

A partir do día 22/05/23 poderanse presentar as solicitudes de axuda de libros e de material para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria, as sltdes. para participar no Fondo solidario de libros de texto e axuda de material para o alumnado que vaia cursar 3º e 4º de E.P. e as sltdes. para axuda de material escolar o alumnado que vaia cursar 5º e 6º E.P.

AXUDA DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL PARA O VINDEIRO CURSO 2021/22

O xoves, día 20 de maio de 2021 publicouse no DOGA a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

A partir do día 21/05/20 poderanse presentar as solicitudes de axuda de libros e de material para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria, as sltdes. para participar no Fondo solidario de libros de texto e axuda de material para o alumnado que vaia cursar 3º e 4º de E.P. e as sltdes. para axuda de material escolar o alumnado que vaia cursar 5º e 6º E.P.

LIBROS DE TEXTO - CURSO 2023/24

 

Nos arquivos adxuntos vos deixamos as listaxes por curso dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2023/24.

Indicarvos que :

- en 2º de Educación Primaria utilizarase en Inglés o libro que empregaron en 1º de Primaria, polo que non haberá que mercar libro de Inglés en 2º de E.P.

- en 6º de Ed. Infantil (5 anos) este ano haberá que mercar un libro de texto.

- en 5º e 6º de Educación Primaria como saberedes non hai libros de texto xa que estamos adscritos ao programa EDIXGAL (contidos dixitais).

Sen máis, FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS, disfrutade e vémonos en setembro.

 

Un saúdo

A dirección do CEIP Pl. Praza de Barcelos

PLAN DE CONTINXENCIA/HORARIOS ESPELLO e PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID - CURSO 2021/22

 

Nos arquivos que se xuntan tedes en formato pdf para a vosa consulta, o Plan de continxencia cos horarios espello e mais o Plan de adaptación á situación COVID 19, todo relativo a este curso escolar 2021/22.

Un saúdo

A dirección do CEIP Pl. Praza de Barcelos

Formularios para a formalización da matrícula - Curso 2024/25

 

O arquivo en pdf que se achega son os formularios que hai que cubrir para entregar no centro á hora de formalizar a matrícula do alumnado de novo ingreso.

Prazo formalización de matrícula de novo ingreso para o vindeiro curso escolar 2024/25 :

do 20 ao 30 de xuño de 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut