Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2024/25

O día de hoxe, 15 de abril, publícanse as listaxes DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar 2024/25.

Estas listaxes estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro e tamén poderán ser consultadas na aplicación da Consellería de educación admisionalumnado .-

Impugnación das listaxes definitivas .- No caso dos centros públicos, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Educación de Pontevedra no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

- A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa. A notificación desta resolución á persoa interesada indicará expresamente que contra esta cabe interpor recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo, o órgano competente e o prazo para a súa interposición.

Ante calquera consulta, non dubiden en chamar ao centro dentro do horario lectivo, ao teléfono 886 151567.

A dirección do CEIP Pl. Praza de Barcelos .-

 

 



book | by Dr. Radut