fondo

ENTROIDO

ENTROIDO 2023

 

 

 ▷ Carnaval: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

 

Achégase o Entroido e querémolo celebrar no colexio. O tema que eleximos este ano ten que ver cos inventos e os/as inventores/aspor iso, pedimos a vosa colaboración para que os nenos e nenas, veñan disfrazados o próximo venres, 17 de febreiro. Poñede a funcionar a vosa imaxinación para crear ese disfrace que teña que ver con dita temática. Decirvos tamén, que a semana do 13 ao 16 cumpriremos cos mandatos do Meco.

Sabemos que en anos anteriores contabamos coa vosa aportación de doces típicos destas datas. Pero seguindo a norma do colexio de non compartir alimentos debido á pandemia, sentimos moito non poder

levar a termo dita actividade.

 

 

MANDADIÑOS DO MECO

 

SEN MEDIDAS DE DISTANZAMENTO

ÍMONOS DIVERTIR,

E OS MANDADIÑOS DO MECO

IMOS VOLVER CUMPRIR

 

 

Luns 13: 

 E como a troula e a festa,

Para nós comeza, 

Non esquezas poñer hoxe,

Algo diferente na cabeza.

 

Martes 14:

Nin Master Chef, nin pamplinas,

Nós queremos filloas e chuliñas!

Un mandil de cociña,

Traeremos á escola,

E uns calcetíns resultóns,

Que virán axustados por fóra.

Mércores 15:

É unha preguiza co frío,

Erguerse para aprender …

Por un día á escola,

A parte de arriba do pixama

Poderás traer …

A crise fai estragos

Hai que facer aforro,

Antifaces reciclados,

Faite para taparte os ollos

XOVES16

 Sede creativos e creativas,

Ide ao faiado e ao garaxe

E montade un atuendo rápido,

Con material de reciclaxe. 

 

 

    


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.