Comedor Escolar / Madrugadores
07/09/2023
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA SARELA CURSO 2023-2024
AVISO:
Dende a ANPA SARELA DO CEIP RAÍÑA FABIOLA ponse en marcha un ano máis as actividades extraescolares co fin de intentar facilitar a conciliación das familias e ofrecer alternativas de lecer, deportivas e culturais para os nenos e nenas.
Como en anos anteriores as actividades serán xestionadas por ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA – GRUPO ACTEX (691 475 060) / MAIL: santiago@actes.es
A inscrición nas actividades realizarase EXCLUSIVAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO e por estrito orde de solicitude. O prazo de inscrición será entre o 12 eo 19 de SETEMBRO.
17/07/2023
ATENCIÓN :
A partir do 18 de xullo, ábrese o prazo de solicitude de inscrición e remata o 28 de agosto de 2023.
Os novos/as usuarios/as deberán entregar cuberto o correspondente impreso de solicitude de inscrición MODELO ED001 EDUCACIÓN (dispoñible na sede electrónica do Concelloou podedes descargala eiquí debaixo) e rexistrarse posteriormente, cando estea dispoñible a APP Cole Chef.
No momento da presentación das solicitudes nos prazos establecidos, non será necesario achegar ningunha documentación. O Departamento de Educación poderá requirir ás familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
Os/as usuarios/as que fixeran uso dos servizos no curso 2022-2023 e xa están rexistrados na APP ColeChef, só terán que reactivar os servizos, na APP ColeChef para o curso 2023-2024.
0 CONCELLO xestiona:
* Servizo de Madrugadores de 7:30 a 9:00h
* Servizo de Comedor de 14:00 a 16:30h
4/09/2023
MENÚS
BOLSAS DE COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023-2024
O obxecto desta convocatoria é regular o procedemento para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, e que estean matriculadas ou teñan reserva de praza para o curso 2023/2024, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
Prazo de presentación de solicitudes: (do 24/02/2023 ao 9/03/2023).
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |