fondo

Novas do Centro

07/09/2023

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA SARELA CURSO 2023-2024

AVISO:

 

Dende a  ANPA SARELA DO CEIP RAÍÑA FABIOLA ponse en marcha un ano máis as actividades extraescolares co fin de intentar facilitar a conciliación das familias e ofrecer alternativas de lecer, deportivas e culturais para os nenos e nenas.

Como en anos anteriores as actividades serán xestionadas por ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA – GRUPO ACTEX (691 475 060) / MAIL: santiago@actes.es

  A inscrición nas actividades realizarase EXCLUSIVAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO e por estrito orde de solicitude. O prazo de inscrición será entre o 12 eo 19 de SETEMBRO. 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2024

 

Achégase o Entroido e querémolo celebrar no colexio. Decirvos que a semana do 5 ao 9 de Febreiro cumpriremos cos mandatos do Meco.

 

PROGRAMA CEIP RAIÑA FABIOLA

 

 ▷ Carnaval: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

MANDADIÑOS DO MECO

Este curso o alumnado de sexto informará ao resto de compañeiros e compañeiras do Cole, o día anterior,dos mandadiños do Meco.

Feliz Entroido!!!!!

 

OS MANDADOS DO MECO 2022 | CEIP Raquel Camacho 

XOVES

  

 

 17/07/2023

COMEDOR ESCOLAR 2023-2024

"O Concello de Santiago informa que xa está aberto o prazo para inscribirse no servizo de comedor e/ou madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso escolar 2023-2024."

ATENCIÓN : 

A partir do  18 de xullo, ábrese o prazo de solicitude de inscrición e remata o 28 de agosto de 2023.

Os novos/as usuarios/as deberán entregar cuberto o correspondente impreso de solicitude de inscrición MODELO ED001 EDUCACIÓN (dispoñible na sede electrónica do Concelloou podedes descargala eiquí debaixo) e rexistrarse posteriormente, cando estea dispoñible a APP Cole Chef.

No momento da presentación das solicitudes nos prazos establecidos, non será necesario achegar ningunha documentación. O Departamento de Educación poderá requirir ás familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.

Os/as usuarios/as que fixeran uso dos servizos no curso 2022-2023 e xa están rexistrados na APP ColeChef, só terán que reactivar os servizos, na APP ColeChef para o curso 2023-2024.

 

MODELO  ED001

 

APLICACIÓN COLECHEF 

  0 CONCELLO xestiona:

 * Servizo de Madrugadores de 7:30 a 9:00h

 

* Servizo de Comedor de 14:00 a 16:30h

 4/09/2023

MENÚS

SETEMBRO 2023

                                            OUTUBRO 2023

NOVEMBRO 2023

DECEMBRO 2023

XANEIRO 2024

FEBREIRO 2024

MARZO 2024

ABRIL 2024

MAIO 2024

1/03/2023

BOLSAS DE COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023-2024

O obxecto desta convocatoria é regular o procedemento para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, e que estean matriculadas ou teñan reserva de praza para o curso 2023/2024, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.


Prazo de presentación de solicitudes:  (do 24/02/2023 ao 9/03/2023).

 

BASES REGULADORAS

 

IMPRESO DE SOLICITUDE

 

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.