fondo

Dinamización da lingua galega

ENTROIDO 2024

 

Achégase o Entroido e querémolo celebrar no colexio. Decirvos que a semana do 5 ao 9 de Febreiro cumpriremos cos mandatos do Meco.

 

PROGRAMA CEIP RAIÑA FABIOLA

 

 ▷ Carnaval: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

MANDADIÑOS DO MECO

Este curso o alumnado de sexto informará ao resto de compañeiros e compañeiras do Cole, o día anterior,dos mandadiños do Meco.

Feliz Entroido!!!!!

 

OS MANDADOS DO MECO 2022 | CEIP Raquel Camacho 

XOVES

  

 

Día de Rosalía 23 de febreiro 2022

 

 

A biografía de Rosalía vai mudar a partir de agora. Rosalía naceu o 23 de febreiro de 1837 e non o 24. Apareceu unha documentación que así o demostra. Foi atopada pola investigadora galega Sagrario Abelleira no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid. Este achádego proporciona unha valiosa información da vida da autora e dentro desta, a data exacta na que naceu a poeta.

 

DÍA DA PAZ

   

     O 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ no noso colexio.

   Xa en días pasados adornamos os corredores do centro con murais, "slogans", poemas ... alusivos ao tema. Entre todos e todas fixemos o "ARCO DA VELLA PACÍFICO", un mural grande que está exposto na entrada.

   Como non poidemos saír ao patio, xa que chovía moito, xuntámonos no ximnasio. Alí representáronse algúns contos, poemas, cancións ...

   Moitos nenos e nenas levaban antefaces de pombas e outros ían ataviados con roupas simbólicas relacionadas con este día.

   Por último, rematamos a festa cantando "No dudaría" de Antonio Flores.

 

 

 

 


SAMAÍN

Chegou o outono e con el a festa do SAMAÍN.

Estes días pasados estivemos preparándonos para esta celebración. Un forte arrecendo a cabazas, misturado con cera das candeas, enche os corredores. Dá gusto velas adobiadas de tan diferentes maneiras.

Agradecemos ás familias o traballo que pasastes tallando as cabazas co gallo de que quedaran así de "arrepiantes".

O día 31 de outubro celebramos a festa e enchéusenos o colexio de bruxas, monstros, gatos, vampiros ... que fan falcatruadas polo patio adiante.

Á volta do recreo xuntámonos no ximnasio para facermos unha representación "monstruosa":

  • 1º - O tren dos monstros
  • 2º - Twist do esqueleto
  • 3º - Baile: Thriller dos esqueletos
  • 3º e 4º - Canción: O Samaín
  • 5º - Danza dos esqueletos
  • 6º - Lectura dramatizada: Indo para o Samaín

Para rematar os nenos e nenas levaron as cabazas para adornar as súas casas nestes días.

Un bico "monstruoso"

IMAXES DA PREPARACIÓN                        IMAXES DA FESTA

VÍDEOS DA FESTA DE SAMAÍN

 


PADRIÑOS LECTORES

 

     Dende a biblioteca escolar e o equipo de dinamización da lingua galega e coa colaboración dos/as titores/as de 6º de primaria e infantil de 3 anos, queremos poñer en práctica "os padriños e as madriñas lectores". Esta actividade consiste en que cada neno/a de 6º curso vai ser padriño ou madriña lector/a dun neno ou nena de 3 anos.

 

 

     Máis fotos na GALERÍA DE IMAXES

 

 


   

 

 

 

 

 

 

                                        OLLOS DE AULA

 

       A comezos do mes de outubro enviouse ás familias o primeiro número da revista “ OLLOS DE AULA”, onde poderedes atopar información relacionada con temas de actualidade propios do ensino e coa educación en xeral.

          O noso desexo é seguir mandándoa unha vez ao mes e que vos sexa de utilidade.

 SAUDIÑOS!!

 

 

CURSO 2012 / 2013

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  • Mª CARMEN BARCIA GARCÍA - COORDINADORA
  • Mª CARMEN EYRÉ VÁZQUEZ
  • Mª LUZ FREIRE CALVO
  • AMELIA MARTÍNEZ HERMIDA
  • Mª CARMEN SUÁREZ BELLO
  • MªTERESA TABOADA MELLA
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.