Skip to Content

Activ. colectivas

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín faremos unha exposición de cabazas elaboradas polos nenos/as, ben na casa ou ben na aula (segundo decisión de cada titora). Cada alumno/a entregaraas na súa titoría o luns, 24 de outubro, á primeira hora.

Ese día colocaranse nas mesas da entrada do pavillón II. Pola tarde de 16:00 a 18:00 horas as familias poden visitar a exposición.

O día 25 de outubro devolveranse as cabazas aos seus autores/as para levar para a casa. O nome do autor/a e o curso irá colocado debaixo da cabaza e oculto. Pode ir á vista o título que se lle queira poñer.

Un xurado outorgará premios segundo distintas categorías:

  • a ecocabaza,
  • a máis orixinal,
  • a máis terrorífica
  • e a máis elaborada,

Serán entregados o día do Magosto (11 de novembro).

ANIMÁDEVOS A PRESENTAR AS VOSAS OBRAS TERROOORÍÍÍÍFICAS!!!!!!!!

PROPOSTA PARA A DECORACIÓN DAS CABAZAS: temas relacionados co Proxecto de Biblioteca “Emocion-arte” ou co Proxecto Voz Natura “Consumo responsable, sostible e respectuoso co medioambiente".

O MURAL ENKI DO NOSO COLEXIO

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Mural ENKI

A Fundación ENKI trouxo ao noso colexio a súa iniciativa solidaria para a sensibilización social en relación coas persoas con dificultades visuais e auditivas. Trátase da campaña de murais en lingua de signos e sistema braille en centros educativos, con apoio da Xunta e a Deputación da Coruña.

Se tes a posiblidade de entrar, o mural atópase no muro do portalón do lado dos Mariñeiros, pola parte de dentro.

Máis info premendo nesta imaxe.

VISITA Á BIBLIOTECA DO ÁGORA

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO ÁGORA

Este luns fixemos unha saída á biblioteca do Ágora. Alí contáronnos uns contos e ensináronnos a xogar coas palabras facendo rimas.

Nestas fotos podemos ver o que disfrutamos.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2022

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Día da Paz 2022

Xa sabemos que a paz é un asunto de todos os días, sen excepción. Mais esta semana quixemos festexala igualmente malia a situación tan excepcional que nos está a tocar vivir.

Tamén podes ver como o traballou a xentiña de 4 anos na súa clase:

Distribuir contido


by Dr. Radut