Skip to Content

Activ. colectivas

VISITA DOS REIS MAGOS 2021

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Visita dos Reis Magos 2021

Onte, a ANPA do colexio tróuxonos os Reis Magos. Instaláronlle, como non podía ser doutro xeito, un salón de tronos na biblioteca e os cativos e cativas foron pasando por ela. Mirade a reportaxe fotográfica premendo na imaxe. Ao longo desta fin de semana, iremos subindo as fotos.

MAGOSTO 2021 (POR PARROQUIAS, DE NOVO)

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Magosto 2021

Seguimos, coma o curso pasado, nunha situación especial. Pero non imos renunciar a celebrar as nosas tradicións. Iso si: tomando todas as medidas de prevención que necesitamos.

Por iso, cada aula organizou o seu propio magosto.

Recursos para o magosto

SAMAÍN 2021

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Disfraces de Samaín 2021

CONCURSO DE CABAZAS

Moitas grazas pola gran cantidade de cabazas que trouxestes ao colexo. Os premiados desta edición foron:

  • Daniel de 6ºA de E.I.
  • Bruno de 4ºA de E.P.
  • A cabaza elaborada na aula de 4ºB de E.I.

Aquí os tedes cos seus merecidos premios:

Premendo aquí poderás ver todas as cabazas participantes así como aos artesáns e artesanas que as elaboraron, cos seus merecidos diplomas.

Distribuir contido


by Dr. Radut