Skip to Content

Activ. colectivas

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2020

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Día Escolar da Paz 2020

Unha gran onda humana pola paz asolagou hoxe o paseo marítimo. Máis de vinte colexios da nosa contorna xuntaron as súas mans para levantar unha onda imparable.

+ info no Rakonto

En prensa

 

LEITE NA ESCOLA

A partir do mércores, 29 de xaneiro, e durante un período de 20 días lectivos consecutivos, o alumnado do colexio recibirá un envase de 200 ml de leite para tomar no recreo.

Ten en conta que as familias de alumnos con intolerancia á lactosa deben comunicarllo sempre ao titor/a para solicitar envases de leite sen lactosa.

A participación neste proxecto foi aprobada polo Consello Escolar no mes de xuño do ano 2019 dentro da convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria ).

EMBELECENDO MUROS NO DÍA DO VOLUNTARIADO

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Pintando muros

Hoxe, 5 de decembro, celébrase o Día Internacional del Voluntariado e nós queriamos converter os espazos exteriores do colexio en zonas máis humanizadas e amables aínda para o noso alumnado e comunidade educativa. Nese labor, queremos agradecer a colaboración imprescindible de todas as familias do centro, da ONG Ayuda en Acción, da Plataforma Coruñesa de Voluntariado, da Asociación de Artistas Coruñeses e outras asociacións como Red Madre, AECC, Fundación Repsol, etc.

Distribuir contido


by Dr. Radut