Skip to Content

Secretaría, Impresos descargables, Libros de texto, Admisión e matrícula

Listaxes de alumnado admitido para o curso 2015/16

Listaxes de alumnado admitido no Ceip Raquel Camacho para o curso 2015/16

Educación Infantil:

3 anos

5 anos

Educación primaria:

1º de E.P.

2º de E.P.

3º de E.P.

4º de E.P.

6º de E.P.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 

O obxecto desta orde (Orde do 28de maio de 2014) é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2014/2015.

 REQUISITOS

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN

 1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e tamén se poderán descargar en formato pdf.

Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro.  (Acceder á aplicación)

2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2012:

  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.


O alumnado de educación especial unicamente deberá presentar a solicitude de axuda, non sendo necesario xuntar documentación algunha.

O alumnado cunha minusvalidez igual ou superior ao 65%, só ten que presentar a  certificación emitida polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 65%, xunto coa solicitude da axuda.

Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel de renda.

3.  A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

4.  O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

CONTÍA DAS AXUDAS 

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2011:

Educación primaria:

  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €

LEXISLACIÓN

Matrícula

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2017-2018

Desde o día 01 DE MARZO ata o 20 de marzo de 2017 ábrese o prazo para solicitar praza nos centros para alumnos de novo ingreso.

Para máis información sobre o proceso de admisión, poñemos a súa disposición os seguintes documentos:

Decreto 254/2012, do 13  de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado nos centros docentes

Orde do 12 de marzo de 2013

Orden del 12 de marzo de 2013(cast.) 

Orde do  25 de xaneiro de 2017

Mapa de Zona de Influencia dos Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria.

SORTEO DE LETRAS DE PRIORIDADE

Resolución do sorteo das letras de prioridade para o desempate no proceso de admisión.

Comunicacións da Xefatura Territorial

Instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Criterio Complementario

 NOTA INFORMATIVA

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA E. INFANTIL:  Día 13 de marzo  de 2017  de 18:00   a 19:00     horas. (Ás 18:00  horas reunión conxunta e a continuación visita de aulas)

ACLARACIÓNS

Para as familias que presenten puntuación polo apartado da renda da unidade familiar (artigo 22.5 da Orde)  deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible, no caso de declaración conxunta , ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar , no caso de declaración individual. A tal efecto, constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 430 (base impoñible xeral) e 445 (base impoñible de aforro) da/s correspondente/s declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2014 dividida entre os membros da unidde familiar a 29 de febreiro de 2014. 

Para  aplicación da puntuación deste criterio (artigo 8 da orde) utilizarase o Indicador público de renda de efectos multiples (IPREM) correspondente ao ano 2014, que está cifrado en 6.390,13 € anuais, con exclusión das pagas extraordinarias. 

 IMPRESOS

PLAZO DE MATRÍCULA:

 Formalización da matrícula curso 2017-2018: educación Infantil e Primaria do 20 ao 30 de Xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut