Skip to Content

Curso 2012-13

Aquaciencia 5º (maio 2013)

Excursión Fin de Etapa (6º)

Alvarella

27-29 maio 2013

6º EP

 

No albergue

 

Ruta polas Fragas do Eume.

 

Na piscina

 

Os obradoiros: marcapáxinas, protector labial, forno solar e ambientador.

 

Ruta en piragua en Pontedeume

Asistencia ao "Campionato de España de baloncesto (cadetes)"

O mércores 29 de maio celebrouse en Ferrol, no Pavillón Polideportivo de Esteiro, o Campionato de España de baloncesto na categoría de cadetes. O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º asistiron ao partido. Xogaban  "Canterbury Las Palmas" contra "Estudantes Lugo" con resultado favorable ao equipo canario.

Teatro con G no Jofre

Dentro do ciclo de teatro organizado polo Departamento de normalización Lingüística do Concello de Ferrol, os alumnos de 2º ciclo asistiron á representación de dúas obras a pasado día 28 de maio:

  • Compañía de teatro "Ghazafelhos" obra: "Contos de lobos"
  • Grupo de teatro do CPI Atios (Valdoviño) obra: A herdanza da tía Roxelia"  

Visita ao Museo de Historia Natural - 2º ciclo EP

23  e 30 de maio de 2013

CORRELINGUA 2013

O alumnado de 2º ciclo de EP participaron nunha nova edición do Correlingua. correspondente. Se queres ver as fotos pincha aquí.

En un mercado persa (Vídeo)

Xa se pode ver o vídeo "En un mercado persa" facendo clic na imaxe. 

Trátase dunha obra musical do compositor británico Albert William Ketèlbey adaptada e dirixida pola profesora de Música do cole.

Representada (con marionetas) e interpretada por alumnado de 6º o pasado mes de abril durante a semana de conmemoración do día do Libro (evento do que xa informou Zongalo Quirico no blogue da Biblioteca).

 

Percorrido pola arquitectura e urbanismo locais.

O alumnado de 2º fixo un percorrido pola cidade visitando os barrios de Esteiro, A Magdalena e Ferrol Vello. No traxecto puideron ver o peculiar trazado urbanístico local así como os edificios más emblemáticos da cidade.

Ver álbum de fotos

A excursión de 6º ... estase achegando!

Premendo na imaxe pódesen ver as bonecas, broches, axendas, cadernos, marcapáxinas, "xoias"... que o alumnado de 6º está elaborando coa intención de vendelos na festa das familias do proximo mes de maio.  Os cartos recaudados servirán de moita axuda para a excursión de fin de curso.


Alumnos de 3º descubrindo a localidade

Os alumnos/as de 3º de Primaria realizamos o día 20 de marzo un PASEO DIDÁCTICO  polas rúas e prazas de Ferrol para coñecer o noso entorno máis próximo.

Apreciamos as diferenzas entre barrios antigos e modernos.

Entramos nos mercados.

Fixámonos en monumentos adicados a personaxes e acontecementos que tiveron algo que ver na historia da cidade.

Observamos o mobiliario urbano e decatámonos da necesidade de respectalo.

Fixemos preguntas a homes e mulleres que transitaban polas rúas e coas súas amables respostas recollimos información sobre todo o que estabamos a ver.

Localizamos o edificio do Concello dende o que o alcalde e concelleiros gobernan a cidade.

Falamos con persoas que traballan nos servizos municipais e reparamos en que  grazas ás súas tarefas a nosa cidade é máis segura, máis limpa e máis fermosa.

Foi moi divertido e aprendemos moitas cousas.

Por certo, sabiades que hai uns anos había unha importante fábrica de lapis cerca do peirao?

Premendo na imaxe podedes ver moitas máis.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut