AXUDAS MATERIAL E FONDO LIBROS 23/24

 

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 As familias que desexen xustificante da entrega deste documento, deben presentar copia da primeira folla.

 

Anexo I  e anexo II  para a entrega manual en secretaría preme para descargar os documentos.

ORDE 10 DE MAIO DO 2023 PREME PARA LER A ORDE. 

A presente orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino: participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria; axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial; e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 

 

RESUMO AXUDAS E FONDO LIBROS 3º, 4º, 5º E 6º  ou ESO E ALUMNADO NEAE           (O NOSO CENTRO CONTA CON EDIXGAL POLO QUE NON HAI FONDO LIBROS EN 5ºP E 6ºP)