Organización xeral

Para visibilizar o día Internacional da MULLER,mañá de maneira voluntaria, tanto o profesorado como o alumnado imos traer un pano na cabeza, semellante ao do cartáz e faremos un pequeno photocall no porche, animádevos !

 

IES CORUXO

Comunicamos que todas as solicitudes de reserva de praza de centro adscrito para o curso 2023/2024 teñen praza neste centro.

Solicitamos que  fagan chegar as familias a seguinte información: 

 - Se solicitades  outro IES en primeira opción, lembrade sinalar a casilla de  renunciar a praza de centro adscrito do Ies Coruxo antes do 28 de febreiro  (este incluído). 
- Que a data para realizar a matrícula para 1ºESO  comunicarémola antes do remate do curso escolar e faremos chegar o impreso de matrícula aos centros adscritos.

A casilla a marcar está no impreso de admisión de alumnado

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

 

   EN FEBREIRO, O MARTES 7 E O MÉRCORES 8 TENDES A OPORTUNIDADE DE VIR A VISITAR O COLEXIO...SE PODEDES VIR O MÉRCORES 8 POLA MAÑÁ, NON O DUBIDEDES XA QUE É CANDO ENTRA O ALUMNADO E VEDES EN PRIMEIRA PERSOA COMO FUNCIONA O RÍA!!!

NON NOS PARAMOS A DICIR QUE TEMOS COMEDOR CUN EQUIPO DE COCIÑEIROS DE 10, TAMPOUCO QUE SOMOS PLURILINGÜES NIN QUE TEMOS EDIXGAL. O NOSO PROXEXTO COMPETENCIAL ESTÁ ENFOCADO NA ROBÓTICA PERO NON DEIXAMOS DE LADO A PARTE ARTÍSTICA!!!

PODEMOS ESTAR ASÍ ATA O FINAL DA WEB, PERO O MELLOR É QUE VEÑAS A COMPROBALO!!

SE NON CHEGA CON ISO, TES O CANLE DE VÍDEOS ONDE ATOPAREDES UNHA PARTE DO QUE FACEMOS!!!

https://www.youtube.com/@ceipriadevigocanleeducativ1965

 

EN CALQUERA CASO ENVIADE E-mail

 PARA SABER EN QUE HORARIO PREFERIDES

ceip.riadevigo@edu.xunta.gal

 

 

   Comunicamos que entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2023 está aberto o prazo para facer a reserva no IES CORUXO para 1º da ESO, que é o noso centro o cal estamos adscritos. 

   Poderase efectuar dita reserva a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/  ou ben entregando os impresos de solicitude no colexio.  Ditos impresos poderán descargalos na páxina web do centro ou solicitalos en secretaría. 

 

 

 

 

 O martes 28 de marzo será día non lectivo.

                                                                                                    PREME NA IMAXEN PARA VER A ORDE NO DOGA

Distribuir contido