ANPA

ANPA e GRAVATA TORLA organizaron unha "Contada" para recaudar fondos para DISCAMINO.

NA DIVERSIDADE ESTÁ A RIQUEZA!

Grazas,sempre, a toda a comunidade do Ría e a Discamino pola vosa colaboración.

FESTA HOLI

 

Organizada pola ANPA do cole. Pasámolo fenomenal!

Aproveitando que está preto o día do libro,conta contos solidario! Neste evento, reunirémonos para gozar de historias fascinantes mentres contribuímos a unha boa causa. Cada relato compartido aquí non só entretén, senón que tamén inspira a xenerosidade e o apoio cara a aqueles que máis o necesitan. Xuntos, a través da maxia das palabras e desgustando unha merenda exquisita preparada con moito mimo para tod@s dende a nosa fabulosa cociña.Esperámosvos para sumerxiros nun mundo de fantasía e solidariedade co noso amigo Gravata torla!

Lembrade inscripción previa, en anpaceipriadevigo@gmail.com. Grazas!!

 Familias! Este ano a Anpa está a preparar unha emocionante celebración que nos reúna para dar á benvida á primavera dunha maneira verdaderamente espectacular: a FESTA HOLI 

A festa holi é unha festa hindú,un festival que trascende fronteiras,unindo a persoas de todas as idades,é unha celebración de cor,música e amizade.

 

Para aqueles que non están familiarizados,Holi é unha festividade que marca o fin do inverno e dá a benvida á primavera. É un momento para despedirnos do frío e da escuridade,e da paso á luz. Pero máis aló do seu significado histórico, mergullarémonos nun mar de cores vibrantes,deixando que a música nos leve a que os noso corazóns énchanse de risas e amizade. Será un día cheo de diversión,baile, delicias culinarias e,por suposto, pos de cores que pintarán o ceo e os nosos sorrisos.

 

Así que vos convidamos a todos e todas a deixar as preocupacións na porta e unirse a Anpa Ría de Vigo no noso patio do colexio nesta celebración única e marabillosa.

 

Ídevosla perder!!! 

 

Día: Venres, 12 Abril

Hora: 17:00

Lugar: Patio Ría de Vigo

 

  En caso de choiva aplazariase ao venres 26 de Abril.

 

Moitas grazas ás familias pola asistencia á charla de Rocío Álvarez sobre "Comunicación Eficaz". 

 

Sabemos comunicarnos cos nosos fillos e fillas?

Como o facemos, de xeito asertivo ou autoritario?

Sabedes como afectará a súa educación?

Se queres resolver todas estas dúbidas, achégate o mércores 13 de marzo á ludoteca do Ría.

VOLVE Escuela de Emociones con Rocío Álvarez

 

 

Distribuir contido