Este curso subimos o merendeiro de San Miguel de Oia para celebrar o Magosto. Temos a colaboración de nais e pais do colexio e a Comunidade de Montes participa e colabora aportando cartos para o desprazamento e parte da merenda dese día. Dende aquí, moitas grazas a tod@s!!

   O xoves e venres ensaiamos a canción do xogo que faremos en grupo e temos un par de sorpresas máis que subiremos a páxina nestes días!!

Xa comenzou unha nova andaina na nosa Biblioteca.

Pasade polo blogue da BIBLIORÍA e poderedes ver as fotos da inauguración, o novo tema deste curso "AS SETE MARABILLAS", as mochilas viaxeiras, as actividades de formacion de usuarios e moitas cousas mais. 


BRONCE

26/10/2016
Atlantic/Bermuda

Xa estamos traballando no cole co apoio da nosa querida BRONCE,

unha cadela moi experimentada nas actividades de convivencia positiva con nenos e nenas.

Este programa do concello de Vigo xa o disfrutamos o curso pasado e

temos a sorte de poder continualo este curso 16-17.

 CANS   Preme na imaxe e verás a reportaxe no blogue de primaria

Seguro que aprendemos moito mais motivad@s grazas a ela!!

Neste novo curso temos moitas NOVAS que queremos contarvos.

No verán, fixemos moitos cambios: 

1. Despois de moitísimos anos solicitando a Consellería unhas xanelas novas, por fin decidiron cambialas.Temos que dar as grazas as directoras e directores anteriores que insistiron ano tras ano chamando a Xefatura Territorial pedindo un cambio de xanelas porque xa estaban moi deterioradas.Deixamos unha pequena reportaxe do cambio.

Fachada vella  sen xanelas

clase sen xanelas    xanelas novas

2.  . Tamén houbo reformas no comedor. Decidimos dar un cambio nas instalacións do comedor /cociña instalando unha mesa de quente e outra de frío para que os nenos e nenas despois de coller as súas bandexas , e de ser servidos polo persoal de cociña, coman tranquilos durante o periodo de xantar. A comida segue sendo tan boa como de costume.      MIRADE!!

obras comedor  comedor

comedor

O 12 DE SETEMBRO O COLEXIO ABRE AS PORTAS...!!!

O pagamento do Servizo de Comedor pode ser aboado de maneira telemática a través da web da Consellería de Facenda, utilizando a oficina virtual tributaria.

PASOS A SEGUIR:

1. Entramos na :

Oficina virtual tributaria

2. Facemos clic en INICIAR TAXA

3. Facemos clic sobre o candado aberto

4. voltamos facer clic sobre INICIAR TAXA

5. Completamos os datos

 

Datos necesarios para cubrir o formulario:

Consellería: 07-EDUCACIÓN, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

Delegación: 40-PONTEVEDRA

Servizo: 01-SECRETARÍA

Taxa: 352800-COMEDORES ESCOLARES

 

Obxecto de pago:

COMEDOR ESCOLAR CEIP PLURILINGÚE RÍA DE VIGO

MES: .......   Nº DÍAS: ......... 

NOME DO ALUMNO: ..................

 

6. Completar en SUXEITO PASIVO cos noso datos

7.Accederase a unha páxina para complementar cos datos da súa tarxeta bancaria

8. Ao final do proceso xerarase un arquivo pdf que farán chegar ao centro escolar (impreso, ou preferiblemente a través do correo electrónico:

ceip.riadevigo@edu.xunta.gal

 

 

Distribuir contido