Secretaría

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA SOLICITAR BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO(para terapia en gabinete psicopedagóxico)

Os solicitantes deben cubrir a solicitude VÍA INTERNET.

Toda a información e as explicacións están nos seguintes enlaces


https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Para cubrir a solicitude entrade nesta ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

Despois de cuberta a solicitude on-line, a familia ten que imprimila en papel e asinala.

No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos.

Posteriormente a familia terá que entregar no DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN do colexio , os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº de conta bancario do alumno/a, diagnóstico médico do Sergas, certificado de discapacidade, título de familia numerosa de selo caso).

PRAZO DE PRESENTACIÓN :

DENDE 8 DE MAIO ata o 20 DE SETEMBRO DE 2023

RESERVA PRAZA

                                                              

 

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas, están concedidas. PARABÉNS e BENVIDOS/AS.

 

O proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:

 

  • Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro.
  • 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 
  • 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
  • Do 20 ao 30 de xuño de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Prazo aberto: do 1 de marzo ao 2O de marzo

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

VACANTES PARA O CURSO 23/24

INFANTIL

4º INFANTIL..........25 PRAZAS (3 NEAE )

5º INFANTIL..........9 PRAZAS

6º INFANTIL.........  3 PRAZAS

 

PRIMARIA

1º ......1 PRAZA                     4º.......SEN PRAZAS

2º ......3 PRAZAS                    5º......5 PRAZAS

3º.......4 PRAZAS                    6º......A....12 PRAZAS

                                                    B.....12 PRAZAS

A solicitude de admisión poderase recoller na secretaría do centro ou descargala da web (adxunto, ao final da páxina).

As solicitudes, unha vez cubertas e asinadas correctamente, poderanse entregar na secretaría do centro do 1 ao 20 de marzo.

Se as solicitudes son cubertas na mesma aplicación e enviadas a través da sede electrónica da Xunta con certificado dixital ou chave 365 o prazo de presentación será só ata o 20 de marzo.

O proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:

  • Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro.
  • 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 
  • 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
  • Do 20 ao 30 de xuño de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.
  • Formalización e presentación da solicitude de admisión e a documentación. Pode facerse:
    • Cubrindo directamente o impreso de solicitude de admisión ou creándoo a través da aplicación admisiónalumnado, a través do menú Solicitudes, Admisión, Crear solicitude de admisión. Feito iso, débese:
      • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo escollido en primeiro lugar.
      • Ou ben, se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
    • Xunto coa solicitude debe entregarse tamén:
      • Fotocopia do DNI do alumno/a.
      • Renda anual per cápita da unidade familiar (debe estar cuberto o apartado na solicitude. Só é necesario presentar documentación no caso de non consentir a consulta).
      • Certificado de empadroamento.
      • Para Bacharelato: certificación académica.
    • E, de ser o caso, debe acompañarse de:
      • Certificado ou comprobación de irmás/áns matriculadas/os no centro.
      • Certificado de nai, pai ou titor/a legal traballador do centro.
      • Certificado da empresa por proximidade do centro ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es legais
      • Certificado de familia numerosa ou condición de familia monoparental.
      • Certificado de discapacidade da alumna ou alumno ou membro da unidade familiar.
      • Certificado de nacemento de irmáns por parto múltiple.
      • Sentencia acreditativa de vítima de violencia de xénero ou vítima de terrorismo.
      • Resolución da sentencia de separación.

 

 Manual usuario admisiónalumnado

 

 

 

Distribuir contido