Skip to Content

CIBERSEGURIDADE

Profesionais da educación, pais e nais, nenos e nenas e cidadanía en xeral temos unha cita coa Ciberseguridade o vindeiro mércores 21 de novembro ás 16:30 horas, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Nun mundo hiperconectado cómpre actuar con garantías ante as ameazas en Internet, como o sexting, a ciberviolencia de xénero, o ciberbullying ou a fraude dixital. Conscientes desta realidade, a Xunta de Galicia colabora coa Mobile Week A Coruña, organizando a actividade "Ciberseguridade na túa casa: Ciberseguridade para toda@s", onde se abordará estes riscos da man de recoñecidos especialistas en cada unha das materias.

Así, a asociación Pantallas Amigas (http://www.pantallasamigas.net); Fernando Villar, formador da Garda Civil; ou Carlos Pérez, CISO de Abanca, compartirán con todas as persoas asistentes as medidas de protección máis apropiadas para salvagardar os nosos pequenos e pequenas e a nosa identidade dixital, ou para facer un uso responsable de internet así como evitar fraudes dixitais, como o hackeo das tarxetas de crédito ou o roubo de información sensible.

Máis información e Inscricións: http://www.mobileweekcoruna.com/es/evento/697/conferencias-y-debates-ciberseguridad-en-tu-casa-ciberseguridad-para-tods/



story | by Dr. Radut