Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS 2020/2021

Desde hoxe, están publicadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro as listaxes definitivas do fondo libros de 3º a 6º de educación primaria. Así mesmo as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FondoLibros, empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

 

Os libros dos beneficiarios do fondo entregaranse en setembro, previa comunicación as familias beneficiarias.

 

Os cheques de libros de 1º e 2º de educación primaria e os vales de material de todos os cursos, entregaranse desde o 15 ata o 20 de xullo en horario de 10:00 a 13:30. Os que queden pendentes de recoller entregaranse a partir do día 1 de setembro en horario de 10:00 a 14:00.

 

IMPORTANTE:

Os solicitantes que non poidan recoller persoalmente os cheques de libros deberán autorizar documentalmente á persoa en quen delegen. Para tal fin débense cubrir os seguintes documentos:

 

 

O documento 1 debe vir asinado pola persoa solicitante non pola autorizada.

 

Calquera dúbida chamar ao 881867431/30/34 en horario de 10:00 a 13:00

 

 



story | by Dr. Radut