Skip to Content

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR CONVOCATORIA

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS, TITORES E TITORAS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

   

    CONVOCATORIA

    De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. DOG 30 de setembro, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS E ALUMNAS, segundo as seguintes normas:

    1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a tres nais/pais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. As outras dúas representantes de nais/pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

    2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores ou titoras legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:30 horas do día 17 de novembro.

    3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:30 horas do día  18 de novembro.

    4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre as nais e  pais que non se presenten como candidatas ou candidatos, o día 21 de novembro, ás 13:00 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretaria ou secretario o de menor idade.

    5.- A campaña electoral comprenderá dende o 19 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio.

    6.- Poderán actuar como supervisores da votación as nais, pais, titotas ou titores legais dos alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

    7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día , 28 de novembro, de 13:00 a 14:00 e de 14:45 a 18:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 12:45 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de dous nomes das candidatas ou candidatos  presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

    9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

    10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

 

    11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.



blog | by Dr. Radut