Skip to Content

Eleccións

Constitución da Xunta Electoral

Renovación parcial Consello Escolar 2018 (V)

Resultados das eleccións para a renovación do Consello Escolar dos representantes de familias e profesorado, tras as votacións realizadas o día 26 de novembro:

Eleccións dos representantes de familias

Candidaturas elexidas:

  • Abeal Pereira, Cristina             35 votos
  • Aguilar Piñeiro, Ana                  21 votos
  • Rúa Parada, Mª Inmaculada      17 votos

Candidaturas suplentes:

  • Chantada Adán, Paula               17 votos
  • Quintáns Mayo, Alicia              14 votos

 

Eleccións dos representantes do profesorado

Candidaturas elexidas:

  • Vázquez Rodríguez, Manoel Iago      6 votos
  • García Río, Antonio                           3 votos

Candidaturas suplentes:

  • Blanco Arnejo, Mª Jesús                  2 votos
  • García Sexto, Eva                             2 votos
  • González Vidal, Isolina                      2 votos
  • Fernández Vizoso, Mª Jesús             1 voto
  • Freire Ramos, Elisa Mª                     1 voto
  • Sánchez-Brunete Alija, Mª Jesús     1 voto
 
 
Segundo o Artigo 50 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, se resolven os empates.

Renovación parcial Consello Escolar 2018 (IV)

O día 19 de novembro realizouse o sorteo público para a designación dos membros da mesa electoral (titulares e suplentes) das familias do alumnado.

 

Os vogais titulares da mesa son:

  • Dª. Stèphanie Van Bladel
  • Dª. Mª del Carmen García Varela
  • D. Gonzalo Constenla Pérez
  • D. Jaime Fagúndez Díaz

Os vogais suplentes da mesa son:

  • D. Óscar Antelo Fernández
  • D. Juan Ramón Veiga García
  • D. Antonio Pérez Martínez
  • Dª. Vanessa Feteira Villar

 

As candidaturas presentadas polas familias son:

  • Abeal Pereira, Cristina
  • Aguilar Piñeiro, Ana
  • Chantada Adán, Paula
  • Quintáns Mayo, Alicia
  • Rúa Parada, Mª Inmaculada

 

De acordo coa Convocatoria do día cinco do mes en curso, o próximo día 26, luns, en horario de 13:30 a 19:30 horas, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio.

Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte maneira:

   1º.-Quen pode votar.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral, tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai ou titor legal, podendo votar ambos os dous.

   2º.-Modo de emitir o voto.

a) O voto será directo, segredo e non delegable.

b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán , obligatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de dous nomes das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do DNI ou documento similar.

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez finalizado, levantarese a correspondente acta.

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut