Skip to Content

Libros de texto

FONDO LIBROS 2020/2021

No taboleiro do centro (entre as portas de cristal da entrada principal) está publicada a listaxe provisional da adxudicación do fondo libros 2020/2021.

Pódese consultar en horario de 10:00 a 14:00 horas.

CORRECCIÓN INSTRUCCIÓNS FONDO LIBROS_CURSO 2020/2021

Na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2020, produciuse un erro, que aparece na páxina 20658:

O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

Vaise facer a oportuna corrección da orde no Diario Oficial de Galicia.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO_CURSO 2020/2021

 

A Orde do 12 de maio de 2020 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2020/21.

Este curso recibirá vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de primaria.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria terá que solicitar libros dos que existan no fondo do colexio.

 

Prazo para presentar as solicitudes: rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).

Presentación telemática: fondolibros

Presentación presencial: de 10:00 a 14:00

As ordes e a documentación:

  • Impreso de solicitude das axudas. (Só anexo I e II) É o mesmo impreso para as tres axudas (Libros 1º e 2º, fondo libros e material escolar).
    • Só se cumprimentará un impreso por familia para alumnado do noso centro.

 

LISTAXE PROVISIONAL de ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2020/2021

Na primeira semana de xullo publicaremos no tabolerio do centro a listaxe provisional. Comunicaremos nesta web a data de publicación.

Prazo de reclamación: dous días posteriores á publicación.

 

LISTAXE DEFINITIVA de ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2020/21

No mes de xullo, tres días despois da listaxe provisional, publicaremos no tabolerio do centro a listaxe definitiva.

 

Os libros serán entregados ao alumnado durante o mes de setembro do curso 2020/2021. Os libros non adxudicados deberán ser mercados polas persoas interesadas.

 

 Relación de libros de texto para o curso 2020/2021:

 

  • Relación de libros de texto para o curso 2020/2021. (A partir do 15 de xuño)

 

  • Relación de material para a aula para o curso 2020/2021. (A partir do 1 de setembro)

 

ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO ÁS FAMILIAS DE ALUMNADO DOS CURSOS 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias:

Comunícase que o centro vai facilitar ás familias do alumnado que cursa primeiro ou segundo de primaria os libros de texto para que poidan utilizalos para o traballo escolar non presencial durante o que resta de curso académico.

Establécense as seguintes datas para que as familias que o desexen recollan no centro os libros de texto da súa filla ou fillo:

  • Para as familias do alumnado de 1º de primaria, o martes 19  de maio en horario de 10:00 a 13:00.
  • Para as familias do alumnado de 2º de primaria, o mércores 20  de maio en horario de 10:00 a 13:00.

Como sabedes, non é necesario devolver os libros ao centro ao finalizar o presente curso académico dado que non son reutilizables en vindeiros cursos.

Para entrega e recollida dos libros ás familias seguiranse en todo momento as recomendacións sanitarias establecidas para os centros educativos nos procedementos de atención ao público, é dicir, respectando as distancias mínimas de seguridade tanto no acceso á zona de entrega como no momento de recollida e evitando sempre a acumulación de persoas nas zonas de acceso, espera e atención.

Sen máis, unha forte aperta e moito ánimo.

 

Mª Jesús Pérez

  Directora

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

O mércores 11 de setembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, beneficiario do Fondo Solidario de Libros, levarán a casa o impreso de "Entrega de libros" para asinar.

Unha vez asinado e devolto ao titor/a correspondente, repartiranse os libros adxudicados a cada alumno/a.

FONDO LIBRO E AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2019/2020

AXUDA PARA ADQUISICÍÓN DE LIBROS DE TEXTO / MATERIAL ESCOLAR

INFOME VALES DAS SOLICITUDES

Curso académico 2019-2020

O luns día  8 de xullo de 2019, publicarase unha listaxe onde, co número de solicitude,  poderán consultar o estado dos vales (concedido / excluído).

A recollida dos vales poderán realizala no Centro o martes 9, mércores 10 ou xoves 11 de xullo en horario de 10 a 13 horas. 

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2019-20

Distribuir contido


by Dr. Radut