Skip to Content

MAGOSTO

Álbum: Curso 2023/24 -> Magosto

Non poden faltar os castañeiros o dia de Magosto. As castañas estaban boísimas e todo o alumnado deisfrutou delas así como dos xogos que prepararon os profes de E. Infantil, de Educación Física e alumnos e alumnas de 6º

SAMAÍN OUTUBRO 2023

Álbum: Curso 2023/24 -> Samaín

Corredores cheos de cabazas e aulas con bruxas, trasnos, vampiros, heroes, piratas...asi celebramos o Samain!

Premendo aqui coñeceredes máis sobre o Samaín e todo o que a Bruxa Maruxa e colaboradoras prepararon para esta data.

A IMPORTANCIA DA PREVENCIÓN

Xa comezamos as actividades de prevención e formación no noso centro.

A asociación Ancas en colaboración con Stop Accidentes imparte estes días uns obradoiros e charlas ao alumnado de 3º a 6º sobre seguridade vial, normas de conducción de patinetes, bicicletas, o uso de transportes alternativos ao coche...

Os alumnos de 5º e 6º recibiron unhas charlas da Policia Nacional, enmarcadas no programa Plan Director para a prevención e detección do acoso escolar e uso responsable das redes sociais e os perigos da internet. Esta actividade compleméntanse  cos obradoiros do Concello sobre estes temas.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023-2024

No 2º ciclo de educación infantil e na educación primaria a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2023 ao 21 de xuño de 2024, ambos inclusive.

Períodos vacacionais

Nadal: desde o día 21 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril ambos inclusive.

Días non lectivos

12 de outubro: Día da Festa Nacional de España

6 de decembro: Día da Constitución.

7 de decembro: Dia do ensino

8 de decembro: Día da Inmaculada Concepción.

1 de maio: Non lectivo.

17 de maio: Dia das letras galegas.

*  Os dous dias de elección no centro: 13 de outubro e 20 de maio.

 

COMEZO DO CURSO: HORARIOS 1º DÍA E HORARIO HABITUAL

Benvidos/as ao novo curso

As clases comezarán o luns 11 de setembro. Coma sempre, o primeiro día  haberá un horario de entrada escalonado. A partir do día 12 o horario será de 9 a 14 horas en E. Primaria e de 09:05 a 13:50 en E. Infantil.

HORARIO LUNS 11 DE SETEMBRO E UBICACIÓN FILAS 

ENTRADA

09:00 -2º, 4º e 6º de E. primaria.

09:15 -6º de E. infantil.

09:30 -1º, 3º e 5º de E. primaria.

09:45 -5º de E. infantil.

4º de infantil -periodo adaptación.

UBICACIÓN FILAS

• Infantil en patio cuberto.

•1º, 2ºA, 2ºB e 3ºB de EP no patio de columnas.

• 2ºC, 3ºA, 3ºC e 4º de EP patio cuberto.

• 5º e 6º de E.P.  aos lados da  porta de entrada do patio de columnas.

SAIDAS

• Infantil: 13:50 por patio cuberto. 

• 1º y 2ºA, 2ºB e 3ºB de E.P: 14:00 Por porta patio columnas. 

• 2ºC, 3ºA, 3ºC e 4º de EP: 14:00 Por porta patio cuberto. 

• 5º y 6º E.P: 14:00 Porta principal diantera. 

HORARIOS E UBICACIÓN DE FILAS DE ENTRADA E SAIDA A PARTIR DO DIA 12

Entrada de Primaria ás 09:00 e Infantil ás 09:05.

Ubicación das filas na  entrada e as saídas será a mesma que a do primeiro día.

NOTA. Os alumnos de 10 ou máis anos poden saír sós do colexio previa autorización. Recomendamos esta autorización para axilizar a saída, ainda que vostedes lles recollan esperando na beirarrúa.

 

AVISO IMPORTANTE AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Xa están colgados no corcho do acceso principal o listado provisional de axudas de material e libros concedidas. O 4 de xullo colgarase o listado definitivo. Haberá un prazo de dous días  29 e 30 de xuño hábiles para posibles reclamacións.

A entrega de  cheques farase en horario de 9:30 a 13:30 preferentemente nesta orde:

  • Mércores 5 de xullo: 1º e 2º de primaria
  • Xoves 6 de xullo: 3º e 4º de primaria
  • Venres 7 de xullo: 5º y 6º de primaria

OS CHEQUES NON CADUCAN. PODEN RECOLLERSE EN SETEMBRO.

O centro permanecerá pechado a partir do 10 de xullo ata o 1 de setembro. No caso de ter algunha cuestión importante e urxente que resolver envíen un correo a  ceip.sagrada.familia@edu.xunta.gal   comentando o asunto e deixando un número de teléfono.

 

 

 

CINEMA NA ESCOLA

Álbum: Curso 2022/23 -> Cinema na escola

Noraboa aos nenos e nenas de 6º polos premios acadados na Gala "Cinema na escola" polo corto MZ. Esta gala tivo lugar no Ágora e asistiron todos os centros participantes e representantes do concello  

Agradecemos a colaboración de  Hugh, impulsor deste proxecto , asi como á profe Pili a súa adicación e implicación,  e tamén ás titoras de 6º.  

Se ainda non o viches prema aquí.

Ademais, e para rematar co programa de inclusión da diversidade a través do deporte da fundación ENKI, este alumnado de sexto no mes de abril, disfrutou dunha xornada de deporte adaptado onde experimentaron e coñeceron da man dos propios deportistas diferentes modalidades do mesmo. Pasáronno xenial!!"

 

 

 

MÚSICA E EVOLUCIÓN

O alumnado de 5º de E. Primaria participamos no obradoiro "Música e evolución" no que fixemos un percorrido da evolución dos instrumentos musicais galegos dende a Prehistoria ata a actualidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut