Skip to Content

PRIMEIROS AUXILIOS EN 6º DE E.P.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Primeiros auxilios en 6º de E.P.

Os alumnos de 6º de primaria tiveron un taller de primeiros auxilios na aula. Parecéulles moi interesante e aprenderon moito.

SAMAÍN

Vaia semaniña de Samaín!

     

Nada máis entrar no colexio veíase unha decoración que arrepiaba: teas de araña, bruxas, esqueletos, cabazas, pantasmas... grazas a colaboración das nais do ANPA que decoraron a entrada e o patio, aos nenos que trouxeron cabazas decoradas da casa e aos profes e alumnos que decoraron os corredores e aulas. E para rematar a semana, o venres o cole encheuse de nenos con disfraces do Samaín.

Os nenos de 4º C, participaron nas actividades de Samaín organizadas polo concello para a promoción do comercio local. Primeiro tiveron un obradoiro de elaboración de disfaces na aula e, outro día, todos disfrazados de esqueletos percorreron a rúa Barcelona bailando e parando en distintos establecementos cantando:                                                        "¡Queremos chuches, queremos castañas.                                                                                                                     E se non nolas das....Comeresmosche as entrañas......!!

                                            

Podedes ver todas as imaxes na galería de fotos 

Ademáis, o pasado 25 de outubro coincidindo co día das bibliotecas, inagurouse a biblioteca do colexio, a biblioteca de Maruxa. E como coincidía coa semana de Samaín houbo sesións de contacontos con esta temática. Todos os nenos puideron disfrutar do novo espazo da biblioteca grazas ao gran traballo das profesoras do equipo da biblioteca que clasificaron e colocaron todos os libros nos andeis e grazas tamén ás nais tan artistas que hai no cole, que decoraron a parede cunha lareira, o lugar favorito da bruxa Maruxa.

Sigue o blogue da biblioteca  e o Instagram a biblioteca da Maruxa para saber todas as novidades.

ENKI NA SAGRADA

Este venres, 22 de outubro, disfrutamos no cole dunha xornada moi especial. Toda a comunidade educativa participou na carreira ENKI 2021 pola inclusióne a visibilización da diversidade funcional.

Grazas a Estrella Galicia, Jardanay (empresa que xestiona o comedor) e Verduras frescas pola súa colaboración para o avituallamento.

Grazas a Cruz Vermella, Policía Local, Policía Nacional e Bombeiros por vir con tanta ilusión a axudarnos.

Aprendimos moito e pasámolo fenomenal!

Nos seguintes vídeos podedes ver a preparación da carreira Enki, o video "oficial", para o concurso e un video para agradecer ás nais a súa axuda e implicación no desenvolvemento desta actividade.

Podedes escoitar tamén o audio coa intervención da profesora Natuska, promotora desta inciativa, na cadena Ser e ver todas as fotos na galería de imaxes.

VIDEO "PREPARATIVOS"

VIDEO OFICIAL

 VIDEO DE AGRADECEMENTO AOS PAIS E NAIS QUE TANTO COLABORARON

 

 

UNA CARTA, UNA SONRISA

A ANPA trasladou aos profesores o reto “Una carta, una sonrisa” lanzado por Felipe Brito Luis, profesor de Los Llanos de Aridane.

Con esta iniciativa espera que os nenos da Palma das zonas afectadas polo volcán reciban cartas de ánimo, debuxos e manualidades cando volvan a retomar as clases. O reto é lograr que cheguen 1.000 cartas.

Varias clases fixeron cartas, debuxos e manualidades que  recibirán os nenos e ademáis a AMPA montou  un vídeo cos traballos dos nenos. 

Moitísimas grazas ás nais da AMPA pola montaxe tan bonito que fixeron. Prema sobre o vídeo e comprobaredes o dito. 

INICIO CURSO 2021-2022

As clases comezarán o día 9 de setembroA partires do 10 de setembro o horario será o seguinte:

Madrugadores: a partires das 07:30.

Apertura de portas exteriores 08:50

PRIMARIA
Entrada ás 09:00

Formación das filas: 

  • 1º e 2º de EP no centro do patio de columnas. 
  • 3º e 4º de EP patio cuberto.
  • 5º e 6º de EP patio de columnas (a ambos lados da porta de acceso).

Saída:  13:50(1º,2º,3º DE PRIMARIA)

            14:00 (4º,5º,6º DE PRIMARIA)

INFANTIL
Entrada:  09:05
Formación das filas: Patio cuberto
Saída: 13:40

Consulta aquí a información sobre o horario de madrugadores e saída do comedor.

FIN DE CURSO

 Xa rematamos o curso!  Agora disfrutar das merecidas vacacións para vernos de novo o 9 de setembro. Os alumnos de 6º, a pesar das circunstancias, tiveron a súa graduación. Como as familias non poideron estar, deixámovos un vídeo resumo, non sen antes agradecer ao ANPA a súa adicación na súa montaxe e  na preparación e desenvolvemento do acto da graduación.

Tamén queremos agradecer a todos, familias e alumnado, a vosa colaboración por poder levar a cabo este curso que non olvidaremos, e a vosa adaptación a nova realidade. É por iso que adicámosvos o segundo vídeo.

 

EXHIBICIÓN DE TAEKWONDO E PACO NOGUEIRAS

Esta semana Tania e Dani, campións de taekwondo a nivel nacional e autonómico respectivamente, antigos alumnos e coas súas fillas alumnas no centro, fixeron unha exhibición de taekwondo durante dous días para o disfrute de todo os grupos do colexio. Moitas grazas pola vosa colaboración!

Ademáis os alumno de 4º disfrutaron do espectáculo, subvencionado polo concello, "Bule, bule" de paco Nogueiras

 

PREMIO NO CONCURSO DO CONCELLO

Parabéns a Iria Barral de 1º A por gañar o tercer premio no concurso de Normalización Lingüística do Concello "Vivir asa nosas letras". Acadou o premio co debuxo de Xela Arias, que foi tamén portada da nosa revista.

 

CONCURSO

Noraboa ás clases de 5º de E. Infantil por quedaren entre os seis finalistas do concurso  "Hablo con las manos" co vídeo "Os peixiños de mar" en lingua de signos. Sorte!

 Ademáis hai unha votación para o premio do público, e é aquí onde solicitamos a vosa colaboración: votade pola nosa canción (fíxadevos moito e marcade CEIP Sagrada Familia) e difundíde o enlace entre os vosos familiares e amigos  Acceso á votación

 

GALICIA: PRAZA FORTE DO REINO DE GALICIA

Álbum: Curso 2020/2021 -> Saída cultural de 5º A e D

Os alumnos de 5º participamos, ben de xeito presencial ou de xeito virtual,  na actividade organizada polo concello "Galicia: praza forte do Reino de Galicia"

Coñecimos máis sobre os Xardíns de San Carlos, as murallas do Parrote, a Porta de San Miguel e a Porta do Clavo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut