Skip to Content

PRAZAS CON PODER

O alumnado de 5º participamos no itinerario "Prazas con poder" promovido polo concello.  Fixemos un percorrido polas prazas importantes por algún feito histórico ou social; asi visitamos a Praza de Mº Pita e o Concello, a Praza de Azcárraga e aPraza da Constitución.

PROXECTO MELISA

Álbum: Curso 2022/23 -> Proxecto Melisa

"Acercarte" e a Facultade de Ciencias da Educación da USC únense no proxecto MELISA (Música, Educación, Linguas, Inclusión, Sinestesia e 

Artes) para darlle acceso a persoas da Comunidade Autónoma de Galicia á musica e á arte mediante a reprodución dos grandes cadros da historia da Arte na súa contorna máis próxima.

O noso centro, o CEIP Sagrada Familia, tivo a oportunidade e a primicia na cidade da Coruña de poder ter un espazo exclusivo e un obradoiro para cada grupo  dedicado a dez obras de arte ás que non temos acceso habitualmente. 

Esta experiencia artística desenvolveu no alumnado unha maior sensibilidade ante a obras pictóricas e musicais (estas últimas creadas por Eva Somolinos, a guía das obras de arte) e un achegamento á sinestesia e ás diferentes visións que ten cada un de nós ante as expresións artísticas.

A comunidade educativa acolleu esta proposta con gran satisfacción, e agardamos volver ter a oportunidade de disfrutar desta experiencia en vindeiros anos.

ACTIVIDADES CULTURAIS NO MES DE MARZO

Foron moitas as actividades nas que participamos no mes de marzo: o alumnado de infantil, 2º, 4º e 6º de primaria acudiron á biblioteca do barrio, o de 3º a 6º de primaria a un concerto no Palacio da Ópera, os de 4 anos, 1º e 2º ao Castelo de San Antón, 3º ao Museo de Belas Artes, os de 4º á Fundación Jove, 1º aos Xardíns de San Carlos, 2º á ruta Tesouros de María Pita, 5º áo itinerario Prazas con poder, 6º ao itinerario A Coruña Praza Forte do reino...

     
   

Ademáis na biblioteca do colexio recibimos a visita da escritora Érica Esmoris co seu libro patio de luces.

    

AVISO ADMISION I.E.S.URBANO LUGRÍS

O I.E.S. Urbano Lugrís informounos que todo o alumnado que solicitou a reserva de praza nese centro a ten concedida. Lembramos que teñen que formalizar a matrícula no I.E.S. do 23 de xuño ao 7 de xullo.

ENTROIDO 2023

Álbum: Curso 2022/23 -> Entroido

Toda a comunidade educativa disfrutamos dun marabilloso festival de Entroido (todas as fotos no album superior e na galería de fotos). O fío condutor era"A VOLTA AO MUNDO NAS NOSAS 23 NACIONALIDADES" , proxecto impulsado dende a  Biblioteca do centro e que podedes seguir no blogue da biblioteca e o Instagram " A biblio de Maruxa"

ENTREGA DE PREMIOS ANCAS NO CONCELLO

Álbum: Curso 2022/23 -> Concurso Ancas

Felicitamos á gañadora e aos finalistas do concurso de Educación vial "Ancas, agora imos andando ao cole". Noraboa a Leila (que ademais gañou a bicicleta do sorteo), a Luis, a Helia, a Mathias e a Dora.

 

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

Ecopercusión é unha actividade para sexto de Primaria na que o alumnado aprende a interpretar diferentes ritmos empregando material de reciclaxe.

PLAN DIRECTOR DA POLÍCIA NACIONAL

Esta semana recibimos a visita dos axentes da Policía Nacional Abraham Arruñadas e Jose. Aos alumnos de 5º  faláronnos do acoso escolar e aos de 6º das novas tecnoloxías e do uso responsable da internet, das precaucións na utilización das redes sociais. Aprendimos moito.

   

DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

Como conmemoramos esta data? Achégate á biblio de Maruxa. (prema sobre a foto)

Aproveitamos para felicitar ás profesoras Natuska e Pili e aos seus alumnos de 3ºB e 6ºC do curso anterior  polo premio acadado na  "XII Edición Premio Nacional para el desarrollo Vicente Ferrer" na modalidade individual da convocatoria, coa súa experiencia educativa "Un libro en blanco"   NORABOA!

MAGOSTO

Álbum: Curso 2022/23 -> Magosto

Hoxe celebramos a festa do Magosto. Comimos castañas a encher grazas a  Sergio e Gonzalo, os nosos castañeiros favoritos. Tamén disfrutamos dos xogos que nos prepararon os profes Marta, Pili e Pepe.

Grazas a eles e a todos os alumnos e alumnas do centro, aos profes, aos coidadores e ás nais Bárbara e Ana, disfrutamos dunha xornada xenial.

Distribuir contido


by Dr. Radut