Blogues

SOLICITUDE DE RESERVA PARA O INSTITUTO (SÓ 6º CURSO DE PRIMARIA)

De conformidade co establecido no Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Xa se poden solicitar as Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Abriuse o prazo para solicitar as bolsas destinadas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) para o próximo curso académico. Estas bolsas teñen como obxectivo facilitar a inclusión educativa e a igualdade de oportunidades deste colectivo. Os requisitos e as condicións das axudas pódense consultar na convocatoria publicada o 26 de abril de 2023 no Boletín Oficial do Estado. O prazo de presentación de solicitudes comezou o 08 de maio de 2023 e remata o 20 de setembro de 2023.

Novas sobre a publicación da listaxe provisional de admitidos 23-24: Data e medio de consulta.

Estimadas familias:

 

Temos o pracer de informarlles de que o listado de admitidos para o curso 2023-24 publicarase o próximo 25 de abril. Só poderá ser consultado a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ou presencialmente no taboleiro de anuncios dentro do hall do centro escolar.

 

Novas imaxes na galería de fotos

Novas imaxes na galería de fotos

 

Xa podedes consultar as novas imaxes do Curso 2022-2023 subidas á Galería de Fotos do centro. Agardamos que vos gusten! 

Club de Ciencias 14 de novembro

Primeira sesión do Club de Ciencias 

 

Deixámosvos algunhas fotos dos experimentos desenrolados durante a primeira sesión do noso Club de Ciencias. Divertímosnos moito e estamos desexando descubrir as novas investigacións que nos agardan o 12 de decembro. 

As Mochilas Viaxeiras chegan aos cursos de Primaria

As Mochilas Viaxeiras chegan aos cursos de Primaria 

 

Campaña de vacinación

Campaña de vacinación fronte á gripe

A Asociación Española de Pediatría recomenda vacinar ós nenos frote a gripe. Compartímosvos a cartela informativa. 

 

Recomendacións ante a sospeita de gripe

Recomendacións ante a sospeita de gripe 

 

Deixámosvos un cartel con algúns consellos que axudan á prevención fronte á gripe e outras enfermidades respiratorias infecciosas. 

 

Distribuir contido