PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025.

O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN ORDINARIA DO ALUMNADO NO CURSO 2024-2025 É DO 1 AO 20 DE MARZO de 2024.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

1-20 DE MARZO 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

A presentación de solicitudes pode ser:

  1.    De xeito presencial no propio centro a través dos formularios adxuntos neste mesmo enlace, xunto cun manual para as familias. Tamén están á vosa disposición no colexio.
  2.     A través da sede electrónica (con certificado dixital ou Chave 365) premendo aquí. 

En ambos casos as solicitudes deben ir acompañadas da documentación que fose precisa: Libro de Familia, sentenza de separación, documentación acreditativa de alumnado con necesidades específicas…)

 

Pódense presentar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando dita solicitude no centro que figure en primeiro lugar.

 

O presentar varias solicitudes de admisión en distintos centros, suporá a perda dos dereitos de priorodade que poidan corresponder, ao non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.

 

21 DE MARZO - 5 DE ABRIL

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA BAREMO

O centro pode solicitar esta documentación só no caso de que o número de solicitudes sexa maior que o de prazas ofertadas.

25 DE ABRIL

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN*

29 DE ABRIL-6 DE MAIO

RECLAMACIÓNS

15 DE MAIO

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN*

15 DE MAIO-17 DE XUÑO

RECLAMACIÓNS

20-30 DE XUÑO

MATRÍCULA

 

*A LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA DE ADMISIÓN PÓDENSE CONSULTAR NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO INTERIOR DO CENTRO OU NA APLICACIÓN WEB DE ADMISIÓN

 

 

NORMATIVA:

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO:

 

PREME AQUÍ PARA CONSULTAR A TÚA RÚA

 

CENTRO DE ADSCRICIÓN: IES XUNQUEIRA I

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: TRANSPORTE ESCOLAR E COMEDOR

TRANSPORTE ESCOLAR:

CONTAMOS CON TRES LIÑAS DE AUTOBÚS:

  • LIÑA 1: COLEXIO- ARCO-PIOLLA-COUSO

  • LIÑA 2: COLEXIO-PORTADOSOL-PANADERÍA-MONTIÑO-FONTE-PLAZUELA-CRUCEIRO CASTELO-IGLESIA-ROZAS

 

  • LIÑA 3: COLEXIO-FARMACIA-TUNEL-RAMALLÁS A FERREIRA-CASALDORADO-MIRADOR DE ALBA

 

 

 

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE ADMISIÓN GALEGO.pdf1.39 MB
SOLICITUDE ADMISIÓN CASTELÁN.pdf1.4 MB
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB