Taboleiro

AXUDAS PARA LIBROS 14/15 MODIFICACIÓN DA DATA DE RECOLLIDA DOS VALES

Por mor de problemas informáticos alleos ao centro, non foi posible xerar os vales para as familias no prazo previsto, polo que estarán dispoñibles na conserxería do centro o vindeiro xoves 3 de xullo das 09:30h ás 14:00h. 

As familias que non recollan nese día poderán facelo no vindeiro mes de setembro.

Sentimos as molestias causadas.

 

Axudas para libros de texto para alumnado que no curso 14/15 estude: Educación Primaria ou 1º da ESO

Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

 

Obxecto da convocatoria e principais novidades

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o seu uso no curso escolar 2014/2015.

 

As principais novidades desta convocatoria son:

 

Jessica e Sarai, dúas exalumnas do centro participan no " I Encuentro Estatal de Estudiantes Gitan@s", celebrado en Madrid

Maite Aldao da Fundación Secretariado Gitano  en Pontevedra, mándanos esta preciosa crónica da participación de Jessica Jiménez Jiménez e de Sarai Jiménez Montoya, o que lle agradecemos moito e tamén desde aquí mandamos a nosa felicitación para estas dúas  "chicas Promociona" a quen lle desexamos moito éxito!!

Principio Curso 2013/14

 

Comezo das clases o próximo mércores 11, das 9:15 h ás 14:15h, entrada directa do alumnado ás aulas.

(horario e transporte habitual)

As familias interesadas en falar cos titores poderán facelo, previa cita, o próximo martes 17 de setembro das 17 ás 18:30 h.

(Máis adiante serán convocados para unha xuntanza ou entrevista persoal en cada titoría)

Axudas para alumnado con necesidade de apoio específico.

O Ministerio de Educación acaba de convocar as axudas para os alumnos con necesidade de apoio específico. A data de remate é o 30 de setembro.

 

Orlas 12/13

Os que pasan a primaria e os que pasan ao Insti, moita sorte!!!orla infantilorla primaria

Comezo do curso 12 /13

 

O mércores 12 de setembro ás actividades darán comezo ás 09:15 horas, funcionará o transporte como de costume, e o ALUMNADO  ACCEDERÁ DIRECTAMENTE ÁS AULAS. NON SE PERMITE O ACCESO DAS FAMILIAS ÁS AULAS , XA QUE NON PODEN SER ATENDIDAS  DEBIDAMENTE POSTO QUE O PROFESORADO-TITOR ESTARÁ ATENDENDO AO ALUMNADO NESE MOMENTO.

Fin de curso

orla infantil 12

O xoves 21 os de 5 anos deron o paso para chegar a Primaria, nunha cerimonia intensa amosaron –arroupados pola súa familia e profes- a súa  madurez para empezar EP con entrega de diplomas e lanzamento de birretes no patio dos maiores, que agora xa é seu.

Banco de Libros de Texto

 

O Concello de Pontevedra, pon en marcha  o Banco de libros de texto

Distribuir contido